O CANTAR DA MEDALLA DIVINA


O CANTAR DA MEDALLA DIVINA

Voulles contar unha cousa,

todo cheo de emoción,

que me fai tremer as pernas,

e me causa admiración.

 

A xeito de un cego veño,

pra lles relatar, señores,

un suceso acontecido…

Un milagre dos maiores!!!

 

Ten o país un goberno,

que goberna, dicta e manda,

e nós por ahí decindo,

que son todos unha panda.

 

Un tal Jorge sobresae,

entre todo-los menistros,

por ser mais listo cun allo,

e mais cabezón cos mistos.

 

E tenvos este gran home,

unhas  ideas moi craras,

sobre as cousas do interior,

e mesmo, outras trangalladas.

 

Moi católico de ideas,

polos  seus feitos semella,

que xa está opositando,

pra ser mais que Ana Botella.

 

E nises dias de festa,

que lle fan ós policías,

pensando sacar boa nota,

cometeu a tropelía.

 

Metéuselle na cachola,

conceder unhas medallas.

Mercou dúas caixas dilas,

e repartíunas a esgalla.

 

Non se sabe como foi,

e tampouco como non,

que unha  foi parar á virxe

que é da súa devoción

 

I esto non é nada estrano,

nin resulta embarazoso,

pois a Virxe agraciada,

é a do Amor Fermoso.

 

Unha medalla en cuestión,

que se lle da o persoal,

por facer moi ben as cousas,

no traballo policial.

 

Os que vivimos na terra,

ó non entender este conto,

puxemos na gorxa un berro,

e protestamos de pronto.

 

Respondeu ó presidente,

pola pantalla de plasma,

para botarlle unha man,

o que mais manda na “pasma”.

 

– ¡¡A ver si están calladitos,

y dejan de protestar!!

¡¡Esta Virgen no lo es menos,

que la Virgen del Pilar!!

 

Así que aínda por riba,

de aguantar ó cara dura,

fainos pensar que seguimos,

na famosa dictadura.

 

Parece que todo val,

pra facerlle o conto ós cregos,

e aínda que marche Rouco,

quedarán outros borregos.

 

Remato xá o cantar,

e non paso mais traballo.

Que lles dé saúde a Virxe,

e se vaian pro carallo

 

I eu me vou para Marcón,

pro furancho do Jacinto,

que anque ten un moi bó branco,

hoxe vou proba-lo tinto.

 

E si non hai moita xente,

botarémoslle o miudiño,

e unhas lescas de xamón,

para acompaña-lo viño.

 

NOTA COMPLEMENTARIA O CANTAR

     A Dirección Xeral da Policía fixo público unha orde pola que se lle concedía a medalla de ouro ao mérito policial, a súa máxima distinción, a: “Unha Virxe da Advocación Mariana titular da Real Excelente, Muy Ilustre e Venerable Confraría de Culto e Procesión Do noso Padre Jesús ‘O Rico’ e María Santísima do Amor

     En resumindo, á Nosa Señora María Santísima do Amor, coa que a confraría do corpo policial asegura compartir “unha serie de valores como a dedicación, o desvelo, a solidariedade e o sacrificio”.
A concesión firma o propio Jorge Fernández Díaz, ministro do interior, quen sempre fixo gala publica das súas firmes conviccións relixiosas. De feito, non é a primeira distinción destas características que fai. No ano 2012 xa outorgou a Gran Cruz da Garda Civil á Virxe do Pilar, patroa do Instituto armado.
Segundo destaca a Orde Xeral, acórdase nunha reunión celebrada o pasado 31 de xaneiro ao considerar que a figura relixiosa cumpría os artigos 4 e 5 da lei de franquista que dende 1964 rexe a concesión destas distincións policiais. 

     Un asunto de tan divina providencia, que despertou en min tal admiración hacia o señor ministro, que non puden resistirme a facerlle unhas rimas en conmemoración a tan relixioso evento.

Captura

Deixar un comentario