ADIVIÑA…

ADIVIÑA…

Cal vai ser o xantar de hoxe,
que papará o Pepiño,
aceitadiño e picante,
un pouco duro, e quentiño?

Pra que pensedes un rato,
qué pode ser, e que non,
destaparei a resposta,
mentras fago a dixestión.

Nona direi mentras xanto,
que co fresco que está o día,
teño que papalo pronto,
e se falo moito… enfría!

ODA Ó AMIGO CANABAL.

ODA Ó AMIGO CANABAL.

Alá arriba en Forcarei,
teño un amigo gaiteiro,
que ó escoitar o ben que toca,
fai que me quite o sombreiro.

Tanto entona un alalá,
como toca unha muiñeira,
e envexa lle da ós da Roda,
cando canta a Rianxeira.

Un gran tipo é este tipo,
e ademais un bo chaval,
chamado Pepe de nome,
e de apellido, Canabal.

Polo medio da semana,
xa que somos amiguiños
imos ó Pepe do Marco,
a celebralo cuns viños.

E o domingo en vez da misa,
imos dar ata Marcón,
xa que a tasca do Emiliáno,
é a nosa gran devoción.

E hai alí unha pulpeira,
que seica é do Carballiño,
que nos pica unhas racións,
que regamos cun bo viño.

E entre un grolo e outro grolo,
e entre tallada e tallada,
renovamos a amizade,
coas dúas maus apretadas.

 

ODA Ó PULPO Á FEIRA

ODA Ó PULPO Á FEIRA
Os que somos da montaña,
e criados na ribeira,
sabemos beber bo viño,
e xantamos pulpo á feira.

Así que avisado queda,
quen me queira convidar’e,
a min non me gusta o pulpo,
en pequena cantidade.

Ben aceitado e picante…
e as talladas ben quentes!!
E anque cocido, algo duro,
pra que rechine entr’os dentes.

E pra acompaña’las racións,
entre tallada e tallada,
lesca de pan de Lalín,
e tinto de Ribadavia.