ESTÁMOSLLE AGASAIANDO A NOSA TERRA ÓS VASCOS, CATALÁNS, E MADRILEÑOS!!

ESTÁMOSLLE AGASAIANDO A NOSA TERRA ÓS VASCOS, CATALÁNS, E MADRILEÑOS!!
   O problema da Nosa Terra, dende tempos inmemoriais, é que sempre estivo gobernada polos caciques, e os de a pé non protestabamos, emigrabamos.
   Na actualidade temos un goberno, ó que lle importa tres carallos a nosa paisaxe, o noso medio ambiente, as nosas fragas e os nosos montes. E aínda menos, lugares emblemáticos das nosas cumes, como este da foto sacada na Ermida da Xestosa, na Serra do Faro de Avión, onde prantaron eólicos ata as mesmas portas da Ermida.
.     Pero parvos non son, que van facer o floclore anual á Carballeira de San Xusto. Xa que no monte do Faro, onde a facían antes, está ateigado deles tamén.
   Todo é unha desfeita.
   Regálanlle os nosos montes ós cataláns, vascos, madrileños, portugueses, daneses, e así un longo etc. para que monten eólicos, mentras nós temos a elitricidade mais cara da peninsula e do resto do mundo.
   Agora, por se fora pouco, encherannos o mar tamén, mentras a serra madrileña e o Manzanares, seguen sen ter ni un siquera… enténdaseme o do Manzanares para rir e non chorar!!
   Rematarán coa pesca, que xa pouca nos queda, despois de ser o primeiro país pesqueiro do mundo non hai tanto tempo.
   E por se todo isto fora pouco, nos montes arrasados polo lume, están permitindo a prantación de alcolitros, para contentar a ENCE..  Despois, dinnos dende a Xunta que os lumes que temos no verán, son provocados. Como se nono seuperamos nós!!
   É o único que saben dicir… “El noventa por cienes de los incendios son provocados” 
   Estoume rindo, porque xa miraredes como este vindeiro verán, din o mesmo!! Sempre o mesmo conto… “El noventa por cien de los incendios son provocados”
Pois claro!
   Que os galegos seremos calquera cousa pero non burros, anque ás veces pareza que sí!
   Pero decatámonos de que o primeiro incendiario é a Xunta, permitindo estas atrocidades. Polo menos, e xa postos, que non gasten os nosos cartos en comunicados absurdos e ridículos.
   Se non hai intereses económicos no monte, iste non arde!!
   Nunca ardeu. Nunca ardeu unha carballeira, todo o contrario, serven de cortafogos ante os alcolitros.
   Por qué non prohíben a venda da madeira queimada? Eh? Por qué?
   Todos sabemos o por qué, e eles tamén o saben, pero nono din… Chámanlle portas xiratorias.
   As miles e miles de Ha. queimadas o ano pasado, seguen sen ser motivo de atención da inutil consellería do Medio Ambiente, e algunhas xa se están convertindo en prantacións de alcolitros.
   or qué non prohiben prantar alcolitros nos montes queimados?
   É que os lumes levan uns intereses detrás ocultos?
.     Rematarán prantandos nos testos dos xeranios, xa veredes. Xa que istes non producen cartos, e o único que fan e dar frores. E en vez de gatos e cans, teremos Koalas como animal de compañía. 
   Nunca entenderei o porqué os nosos avós mataron por defender os marcos das leiras da súa propiedde, e nós somos incapaces de defendernos ante a invasión e roubo da riqueza da Nosa Terra.
   Que foi do espíritu conbativo que tiñamos os mozos dos anos 70-80?
   Que foi daquela loita defendendo a Nosa Terra ó berro de “Galicia é nosa e non de Fenosa” que tantas persecucións, carreiras e malleiras nos causou?
   Bueno. A todo isto, vou calar porque me quento, e non quero.
   Ós meus anos, prefiro tumbarme no meu sofá e tocar a guitarra pra ver se me sae unha cantiguiña nova.
   Se isto me pillara nos meus anos mozos, ó millor tiña algún que outro disgusto por andar arrincando alcolitros recén prantados, e cun mecheiro na mau sen ser fumador.
   E a bos entendedores… por min, que ardan todos cando aínda non valen pra vender.
   Unha aperta, e que teñades bo día.

O PREZO DA LUZ!!

O PREZO DA LUZ!!
..    Onte pasei por onda dous enormes parques eólicos, e os aeroxeradores traballaban a toda a velocidade posible…
   I é que claro. En Galicia, o 90% da elitricidade que producimos, é renovable, e é moito mais barata que a producida co petroleo e co gas.
.     Entón e facil deducir, que canta mais produzan renovable mais ganan, xa que a nós os galegos, cóbrannola ó mesmo prezo que a producida con gas que é moito mais cara.
   Seica e tal a producción de enerxía eólica, que as veces teñen que parar os parques, porque non teñen por onde sacar semellante cantidade de eletricidade producida.
   Veñen os vascos (Iberdrola) e os cataláns (Naturgy), énchennos os montes de eólicos a cambio de catro cadelas pras comunidades de montes, e etas poder contratar como sempre digo ó Combo, á París de Noia e á Panorama, e presumir de boas festas. E o beneficio prós concellos e veciños onde se montan istes parques, é… CERO PATATERO!!
   O que me resulta aínda mais estrano, e que aquí ninguén saia á rúa a protestar, e que a Xunta, que permite estas tropelías, non diga nada, facendo bo o refrán de que quen cala, otorga.
   Aquí todos contentos, que mañá na parroquia do lado toca o Combo Dominicano, que o paga a comunidade de montes da parroquia coas migallas que lles dan as eléctricas e dos alcolitros.
   Esto venme lembrar o caso dunha illa da ría de Arousa: O pobo, regaloulla ó Rei, e despois o rei vendeulla ós veciños a prezo de ouro pra poder facer unha mansión/castelo en Francia
   I e que os galegos, somos así. Non protestamos… emigramos, porque o caciquismo segue moi metido na nosa cultura!!