Tag Archives: Carballeiras
CARRABOUXOS
COQUELOS, COCAS, CARRABOUXOS, BUGALLOS, MAZACOUCAS, BAILARETES, CACHOLOS, MINCHOS, MAZÁS DO CUCO, PARINOLAS, PANDAROTES, CARACOIS…
, Anque semellan ser froito do carballo xunto coas landras, nono son.
Son unha maneira que ten o carballo de defenderse contra os parásitos e a mosca asociada a él.
, Todos teñen no seu interior un ovo cunha larva pequechiña branca, que cando se convirte en mosca, sae ó traveso dun pequeno buraquiño que fai.
ODA ÁS OVELLAS
ODA ÁS OVELLAS
Unha tarde pola fresca,
dun dia primaveral,
achegueime a un carballal,
para botar unha sesta.
E adormiñado xa estaba,
co lombo contra un valado,
cando xusto, do outro lado,
un rebulir me asustaba.
Como son un cajarolas,
encolléuseme a barriga,
e subín carballo arriba,
para sentarme nas polas.
E así, ben camuflado,
mirar dende as alturas,
que casta de criaturas,
rebuliron ó meu lado.
Pois pensei nun par de cobras,
ou algún lobo famento,
que te papan nun momento,
e non deixan nin as sobras.
Cando me vin mais calmado,
e puiden mirar pra diante,
dinme de conta ó instante,
de que estaba equivocado.
Nin lobos nin cobras eran,
nin lajartos dos arnales,
eran outros animales,
os que o medo me meteran.
Estaban triscando na herba
ovellas, cabras e años,
e coma en todo-los rebaños,
tamén unha ovella negra.
E baixeime do carballo,
e volvín pronda o valado,
e ó atoparme acomodado,
mandei o medo ó carallo.
A MAL TEMPO, BOA CARA…
A MAL TEMPO, BOA CARA…
Carballeiriña sombreada,
onde o sol non me achicharra,
a esta carballeiriña,
viñen tocar a guitarra.
Viñen tocar a guitarra,
ailalelo, ailalala,
e trouxen para o almorzo,
un anaco d’empanada.
Un anaco d’empanada,
ailalelo, ailalalo
xunto cun xerro de viño,
e licor café do Ghalo*
* O Ghalo, é un señor de Maside, que fai un Licor Café que sabe que mete medo!!