.. Nace nos montes mais altos da provincia de Pontevedra, entre a Serra do Suído e o Faro de Avión, e serpentea polos concellos de O Covelo, Mondariz, Ponteareas, e xunta co miño en Salvaterra.
.. A fonte que lle da a vida, xermola nunha pociña chea de auga limpa e crara, entre matogueiras, e achegada a unha pista feita prós eólicos. Está sinalada cun monolito coa inscripción “Nacemento do río Tea – Prado”
.. Preto dél, está o mirador do Castelo do Faro de Avíon. o monte mais alto da provincia, con 1151 mts.
.. Entre as matogueiras, hai unhas cuantas fochancas, que o axudan a dar os seus primeiros pasos como río.
.. Grazas a que aínda non hai alcolitros nuns cuantos Km. darredor do nacemento, a auga é moi abundande nístes paraxes, e aínda nistes días, miranse os penedos escurrindo auga. Algo impensable mais abaixo, onde se están plantando alcolitros a eito.
.. A auga, ise ben tan apreciable e indispensable pra vida, e que en Galicia, o pais de tan preciado líquido, estamos estragando, sen que nos importe nada o futuro dos nosos fillos e netos.
.. Manda o carto… pero o carto, non se come nin se bebe!
No meu paseo de fai uns días polo suído, e na parroquia de Maceira, do outro lado da ponte por onde baixa o rio para a praia fluvial, hai uns penedos enormes, que fan que o río baixe en fervenza, ata chegar mesmo á ponte, onde hai un remanso fondo antes de chegar á área recreativa. A erosión e as fochancas que fixo a auga niles, son impresionantes.
Pois ben. Iste remanso, que foi un enorme pozo ata fai uns anos, coñécese coma “O pozo das Landras”
Contoumo,xa fai uns anos, o señor Manuel Barcia Vázquez do lugar de Portoparada (Maceira).
Antes de facerse a ponte actual, había unha pontella de lousas feita sobre dous penedos enormes que facían de embudo á auga do rio, e había un pozo no que se formaba un remuíño moi grande.
Pois ben. Todas as landras das inmensas carballeiras que había no curso río arraiba, e cando chegaban as primeiras choivas do outono, barrías cara o río, e paraban no remuíño da pontella.
Contábame, que alí, naquel pozo, xuntábanse toneladas de landras. Os veciños, seica poñían na punta dun pau un saco con un aro na boca para pillalas, e así, axudar á ceba dos ranchos da casa. A inchenta de landras seica duraba uns cuantos días dos choivosos outonos de antes.
Cando se fixo a carretera nova, dinamitaron as dúas rochas que formaban o embudo, baixou o leito do río, e desapareceu moita da fondura do pozo xunto co remuíño.
A día de hoxe, as landras seguen baixando en moita menos cantidade, ó ir cortando as caraballeiras para prantar alcolitros, xa non se deteñen alí, e seguen o seu camiño polo río Tea cara a Mondariz.