A PRINCESA DO CAUREL


A PRINCESA DO CAUREL

A princesa do Caurel,

para gardar o seu anel,

ata o pano nun cordel.

A princesa do Caurel.

 

A pega levou o pano da princesa do Caurel.

 

Onde está o anel da princesa do Caurel?

 

O gato pillou a pega.

A pega levou o pano da princesa do Caurel.

 

Onde está…

 

O can mordeu o gato.

O gato pillou a pega.

A pega levou o pano da princesa do Caurel.

 

Onde está…

 

O pau bateu no can.

O can mordeu o gato.

O gato pillou a pega.

A pega levou o pano da princesa do Caurel.

 

Onde está…

 

O lume queimou o pau.

O pau bateu no can.

O can mordeu o gato.

O gato pillou a pega.

A pega levou o pano da princesa do Caurel.

 

Onde está…

 

A auga apagou o lume.

O lume queimou o pau.

O pau bateu no can.

O can mordeu o gato.

O gato pillou a pega.

A pega levou o pano da princesa do Caurel.

 

Onde está…

 

A cabra bebeu a auga.

A auga apagou o lume.

O lume queimou o pau.

O pau bateu no can.

O can mordeu o gato.

O gato pillou a pega.

A pega levou o pano da princesa do Caurel.

 

Onde está…

 

A cabra pariu un chivo,

o chivo tiña o anel,

da princesa do Caurel.

 

Onde está…

 

 

 

 

 

 

Advertisements

4 thoughts on “A PRINCESA DO CAUREL

  1. Moi interesante o teu blog, andiven “curioseando” un pouquiño. Tes unha foto do 1975 cun bigote de moito carall…Digo, rosmillo, é un mostacho con fundamento…Jjjee…Jjjeee…Estás invitado a ver o meu blog (ou algo parecido,aqui en wordpress) que teño a nome de ” eloyvaes.wordpress.com”
    son as iniciaes de ELOY VAzquez EStévez, a ver si lle botas una ollada.Non o teño moi controlado, de feito soio teño alguns vídeos…Unha aperta!

    • Vaia Eloy, non sabía que o tiñas. Agora mesmo poño o enlace no meu e botolle unha ollada.
      Como podes ver no meu hai bastantes traballos sobre da miña aldea e as costumes ademais de moitos romances e catares tradicionais que tiña recopilados o traveso dos anos e dos que me quedan aínda moitos por poñer, vouna facendo pouco a pouco en tanto os paso dos papeis onde os teño pro ordenador.
      Doume a idea de facelo unha filla pra compartir tanta cultura agochada como temos e polo menos tentar que non se perda e a verdade que teño moitos contactos mediante o mail con rapaces que están nos conservatorios de música tradicional preguntando polos cantos dos cegos e as letras e partituras.
      Unha aperta.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s