CONCELLO DE CERDEDO/COTOBADE… VERGOÑENTO!!!


CONCELLO DE CERDEDO/COTOBADE… VERGOÑENTO!!!

Pouco antes de chegar á vila de Cerdedo, a man dereita vindo de Ourense, e antes de chegar á pista de frenado, atópase esta fonte nun anaco da estrada vella, onde paran moitos coches para botar un grolo, óu encher unhas botellas como foi o meu caso, xa que cando veño de Lalín sempre paro nela por iso de non beber solo viño.

Quero que vexades o estado no que se atopa ista fonte. E non é de hoxe nin de onte. Isto ven de moitos anos atrás, xa que ós meus anos sempre a lembro así.

No verán bota pouca auga, e para beber un grolo hai que pousar a mau na pedra a modo dunha culler para recollela.

No inverno, bota tanta, que non hai maneira de achegarse sen mollar os pés.

Chama a atención a obra de inxeniería que fixeron para que non salpique os pés dos sedentos… un caldeiro de pintura, ó que lle sacaron o cú!

Que pasa… non ten o concello uns poucos euros para poñerlle un picho á fonte en condicións, e un pilonciño para recollela e que non salpique?

Pero se co que gastan nun “vinito español” xa poden adecentar un pouco esta fonte tan visitada.

A ver se é que o Sr. Alcalde ó estar agora o concello en Carballedo, moi lonxe de Cerdedo, non sabe do asunto.

Pois mandareilles eu as fotos para ver se toman nota e fan algo cando volvamos estar en tempo de eleccións, porque antes non creo!

Unha aperta, e moi bos días.

 

Deixar un comentario