ROMANCE DO CEGO ANDANTE


ROMANCE DO CEGO ANDANTE

Ábreme a portiña, ábreme o postigo,

dame do teu lenzo ¡ai meu ben! que veño ferido.

 

Pois se vés ferido vés a mala hora,

que as miñas portiñas ¡ai meu ben! non se abren agora.

 

Miña nai esperte, nin tanto dormir,

veña ouvir un cego ¡ai meu ben! cantar e tañir.

 

E se il canta e pide dalle pan e viño,

dille ó triste cego ¡ai meu ben! que siga o camiño.

 

Non quero seu pan, nin quero seu viño,

quero que Rosiña ¡ai meu ben! me ensine o camiño.

 

Culle, ou Rosiña, a roca e o liño,

vai co triste cego ¡ai meu ben! decirlle o camiño.

 

Anda, ou Rosiña, máis outro pouquiño,

son curto de vista ¡ai meu ben! non vexo o camiño.

 

De condes e duques xa fun pretendida,

e agora dun cego ¡ai meu ben! véxome rendida.

 

Eu non che son cego, nin Dios o permita,

sonche o conde Alberto ¡ai meu ben! que te pretendía.

 

Adeus miña casa, adeus meus quintais,

adeus compañeiras ¡ai meu ben! para nunca máis.

Imagen

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s