SOBRE A SUBA DA LUZ!!!

SOBRE A SUBA DA LUZ!!!

        Anda a xente, e xornais coma o Mundo e o ABC, alporizados, e poñendo unhas declaracións de Pablo Iglesias de fai uns anos, onde di que a culpa da suba da luz tena o goberno.

        Pois non son eu entendido na materia, nin teño tantas luces coma Abel Caballero, pero me parece que esas declaracións, son anteriores o das subastas da luz que se inventou o goberno de Rajoy, e que xa se avisou daquelas que as consecuencias iban ser entre outras cousas, que a mais consumo, aumento de prezo.

        E mentres non teña mais forza a enerxía renovable que é mais barata, é o que toca, amais doutras cousas que non veñen a conto agora.

        O que pode facer o goberno é baixar o IVE, pero se as eléctricas sóben 30 euros e o goberno baixa 3, pouco arranxamos.

        As electricas, están en maus de empresas privadas, grazas a “Patriotas” como Fraga, que vendeu Fenosa á empresa madrileña Unión eléctrica. Agora, a elitricidade nosa do grandes productores que somos, é de IBERDROLA (Vasca) e de GAS NATURAL (Catalana).

        Lembrades a viñeta onde un galego dalle herba a vaca, e un madrileño múxea? Pois eso… a bos entendedores…

        Énchennos os montes de aeroxeradores por catro cadelas que lle dan ás comunidades de montes, para contratar á París de Noia e á Panorama, para ter unhas festazas (É a miña frase preferida, porque se vos fixades, todas as parroquias que contratan a estas orquestras, teñen nos seus montes aeroxeradores ou alcolitros. As outras contratan a “Un grupo de gaitas”) e a elitricidade, lévana eles.

        E volvendo o comenzo. O único que pode arranxar esto, é, anque pareza de coña, Pablo Iglesias. É o único que lles pode plantar cara!!! E como pode facelo? Nacionalizandoas!!

Porque tanto Sanchez como Casado, nono van facer, xa que seguro que rematarán sentados nun sillón delas, como tantos e tantos políticos que acaban traballando nesas empresas, cos seus predecesores Felipe e Aznar á cabeza.

        Así que, como din alá por Castela… agora, bótalle un galgo.

        A pagar tocan!!!