CONCELLO DE CERDEDO/COTOBADE… VERGOÑENTO!!!

CONCELLO DE CERDEDO/COTOBADE… VERGOÑENTO!!!

Pouco antes de chegar á vila de Cerdedo, a man dereita vindo de Ourense, e antes de chegar á pista de frenado, atópase esta fonte nun anaco da estrada vella, onde paran moitos coches para botar un grolo, óu encher unhas botellas como foi o meu caso, xa que cando veño de Lalín sempre paro nela por iso de non beber solo viño.

Quero que vexades o estado no que se atopa ista fonte. E non é de hoxe nin de onte. Isto ven de moitos anos atrás, xa que ós meus anos sempre a lembro así.

No verán bota pouca auga, e para beber un grolo hai que pousar a mau na pedra a modo dunha culler para recollela.

No inverno, bota tanta, que non hai maneira de achegarse sen mollar os pés.

Chama a atención a obra de inxeniería que fixeron para que non salpique os pés dos sedentos… un caldeiro de pintura, ó que lle sacaron o cú!

Que pasa… non ten o concello uns poucos euros para poñerlle un picho á fonte en condicións, e un pilonciño para recollela e que non salpique?

Pero se co que gastan nun “vinito español” xa poden adecentar un pouco esta fonte tan visitada.

A ver se é que o Sr. Alcalde ó estar agora o concello en Carballedo, moi lonxe de Cerdedo, non sabe do asunto.

Pois mandareilles eu as fotos para ver se toman nota e fan algo cando volvamos estar en tempo de eleccións, porque antes non creo!

Unha aperta, e moi bos días.

 

NO CONCELLO DA LAMA

NO CONCELLO DA LAMA…

..      Hai un pequeno recunchiño moi fermoso, no que é unha ledicia parar, e sentarse a escoitar o son da auga, e o canto dos grilos e dos paxariños.

..      Nél, hai un regueiro cunha pequena pontella, un carballo centenario que naceu e medrou torto, o que o fai moi fermoso.

..      Tamén hai unha fonte cun pilón, e un cruceiro.

..      Chama a atención o cruceiro, con un candil que alumea día e noite, a modo e maneira de cando eramos rapaces, e aínda non chegara a luz ás casas.

..      Nun vaso cheo de aceite, flota unha mariposiña prendida. Chámolle mariposiña, porque é como a coñezo dende pequeno, pero seguro que ten outro nome. É unha base redonda de corcho do tamaño dun Euro, cunha pequena mecha prendida que flota no aceite. De cativos, ós nosos pais, dábannos o vaso con auga e un pouquiño de aceite que flotaba nela pra ir pra cama, xa que o aceite andaba escaso daquelas, e o carburo era mais caro. Este vaso está cheo, polo que supón ter combustible para moitos días e noites.

..      Pero o que mais me chamou a atención foi, que para subilo e baixalo, ten unha pequena cadea, que xira nunha roldana.

..      Na parte traseira do cruceiro, tamén hai un pequeno peto para poñer as velas prendidas.

..      Un recunchiño de paz para visitar pola noita á luz das velas e do candil, e esperar que os da Santa Compaña se acheguen a beber para poder falar con eles.

 

O NACEMENTO DO RÍO TEA.

O NACEMENTO DO RÍO TEA.

..      Nace nos montes mais altos da provincia de Pontevedra, entre a Serra do Suído e o Faro de Avión, e serpentea polos concellos de O Covelo, Mondariz, Ponteareas, e xunta co miño en Salvaterra.

..      A fonte que lle da a vida, xermola nunha pociña chea de auga limpa e crara, entre matogueiras, e achegada a unha pista feita prós eólicos. Está sinalada cun monolito coa inscripción “Nacemento do río Tea – Prado”

..      Preto dél, está o mirador do Castelo do Faro de Avíon. o monte mais alto da provincia, con 1151 mts.

..      Entre as matogueiras, hai unhas cuantas fochancas, que o axudan a dar os seus primeiros pasos como río.

..      Grazas a que aínda non hai alcolitros nuns cuantos Km. darredor do nacemento, a auga é moi abundande nístes paraxes, e aínda nistes días, miranse os penedos escurrindo auga. Algo impensable mais abaixo, onde se están plantando alcolitros a eito.

..      A auga, ise ben tan apreciable e indispensable pra vida, e que en Galicia, o pais de tan preciado líquido, estamos estragando, sen que nos importe nada o futuro dos nosos fillos e netos.

..      Manda o carto… pero o carto, non se come nin se bebe!