PORTALÉN (Porta do mais alá)

PORTALÉN (Porta do mais alá)
..      Onte andiven pola Serra do Cando, e na cima do Seixo, fun dar á Porta do Outro Mundo.
..      Según a lenda, os vivos estamos do lado Norte da porta, e os mortos do lado Sur, e di tamén que o que a pasa , ten que volver pro lado Norte e non quedar na parte Sur porque pasaría a formar parte do mundo dos mortos.
..      Eu sentín curiosidade, e pasei a porta pro outro lado pra ver se me atopaba por alí con algún amigo dos que xa me faltan, Pero se vos digo a verdade, non sentín nin sentín nada especial, nin me atopei con ninguén.
..      Agora eso si. Por se o caso, volvín pro lado Norte. Non fora ser o demo…!!
..      Que eu non creo nas meigas, pero habelas, hainas.

A PONTE MEDIEVAL DE ALMOFREI (Cerdedo-Cotobade)

A PONTE MEDIEVAL DE ALMOFREI (Cerdedo-Cotobade)

..      Vaia lugar mais fermoso.

..      Un entorno único, cheo de penedos e rochas totalmente erosionadas, e un río cheo de cantos rodados, labrados ó traveso dos tempos, polos rápidos e pequenas fervenzas que ten.

..      A ponte, medieval, data do século XVI. Ten unha altura duns 8-10 mts. e un solo arco asentado sobre grandes rochas nas dúas veiras do río.

..      Parece ser que por él, pasaba un antergo camiño dos arrieiros cara á parroquia de Tourón en Ponte Caldelas, e que remataba en Marín, según leo nun libro de Castro Sucasas sobre os camiños dos arrieiros.

..      Ó seu lado, un muíño con tres andares de altura, e dous infernos en dous deles, perfectamente conservado. Polo que me dá, que con catro moas, tivo que ser un muíño de maquía ben importante na zona.