PETROGLIFOS DO COTO DO CASTELO-CADRÓN (Video de Angel Luís Utrera Baza)

Petroglifos de Coto do Castelo en Cadron, . Fai uns dias publicaba nos xornais o seu descubridor Daniel González Alén, as suas caracteristicas e localizaciòn, hoxe aproveitei o dia de sol, para darme unha voltiña polo monte de Cadron, mesmo as costas de Muimenta onde xa hai un tempo deu aviso Daniel a patrimonio de novos achadegos. Precisamente onte no face de Jose Iglesias Fernandez, tiñamos un bo debate sobre o noome da aldea.- Muimenta, ou moimenta, e foi Luz Méndez a que apuntou a orixe da toponimio Muimenta, de monumenta polo numero de restos arqueoloxicos que ali podense atopar…..quen sabe, a min particualrmente gustame moito a idea, asi que ai queda xunto con este video destes fermosos petroglifos, e seguro que haberá mais. (Angel Luís Utrera Baza)

http://www.facebook.com/angelluis.utrerabaza/videos/10206263862539926/

sin-tc3adtulo3

ESTRANOS DA NOSA LINGUA

O poema mais fermoso de Xosé Luís Rivas (Mini) na defensa da Nosa Lingua

Dicide de onde vos veñen
o nome e os apelidos
que vos deron por ser fillos
dalgún lugar desta terra
dicide tamén cal era
o idioma dos conveciños.

Dicide en que momento
sentistes na vosa pel
ese amarguexo, ese fel.
ese proído estraño
que vos causa tanto dano
e vos impide querer.

Esa vergoña que traba
a vosa fala galega
porque renegades dela
en público e en privado.
Dicide logo o pecado
que a odiarvos tanto vos leva.

Será que vos transmitiron
pra gañar categoría
a idiotez e a parvada
do españolismo barato.
Moitos rompemos o trato,
vós non tedes valentía.

Porque acabados os tempos
do fascismo e da opresión
era a hora da razón
do pobo discriminado.
Puxéstesvos do outro lado,
da máis brutal inmersión.

Mira que fomos prudentes
e agardamos tantos anos,
pois descuberto o engano
todo era cuestión de tempo,
a razón era o instrumento
e a verdade trunfaría.

Mais ninguén de nós sabía
que estabades asalando
deixándonos ir andando
confiados na democracia.
Destes o golpe de gracia,
mais seguimos camiñando.

Levamos marcado a lume
o noxo que en nós vertestes.
a humillación que fixestes
no intento por abafarnos
tentando de violentarnos
e converternos en vermes.

Canta mofa, canta burla,
canta dolor gratuíta,
canta sin razón maldita
coa humillación por sistema.
Hoxe cambiades de tema
botando pra nós a culpa

Trátase de ter poder,
e pensades ser máis guapos
máis ricos e máis sensatos
falando idioma español.
Non é mudando de rol
que se perden os farrapos.

Nova lei de trilingüísmo
dos monolingües idiotas
que se senten en pelotas
nos afectos ó seu pobo.
¿Buscades pois lugar novo
pra ese corazón de pedra?.

Sabede que nada medra
se a sementeira non é feita
pra arrecadar a colleita
que alimenta os corazóns.
A nós sóbrannos razóns,
a vós sóbravos fachenda.

Pois estades condenados
a perder esta batalla,
que o pobo galego fala
lingua antiga, pura e limpa;
e a pouco que a xente sinta,
no seu, orgullo e pracer.

Comezará a escurecer
ese voso esquecemento
que leva en todo momento
autoodio e xenreira.
Vide de novo pra eira
común no pan e no alento.

p52400755

TRES REFLEXIÓNS SOBRE O CONFLICTO EN ORIENTE PRÓXIMO (Manuel Arean Fernández)

TRES REFLEXIÓNS SOBRE O CONFLICTO EN ORIENTE PRÓXIMO (Manuel Arean Fernández)

– Menudo susto pillei fai unha anaquiño cando volvia de Souto da camiñata, chegando ao salto de Sequeiros, de supeto soan as alarmas, viña tan ido, tan coa mente en branco, tan sosegado…, ata que me decatei que taba preto do embalse e soan as alarmas de que ian soltar auga as comportas, era para avisar os que tivesen rio abaixo non os que viñamos de arriba…, E pensei si eu pillei medo con esta sirena que non pillaran as nais e os nenos/as, os ancians que viven en Gaza cando soan ali as sirenas ou escoitan os cazas…, que afortunado son vivir nun pobo donde soan as sirenas so do embalse…,
Que magoa que milleiros e milleiros de persoas sufran a barbarie…,
——————–
Xa son máis de mil os mortos na franxa de Gaza. Tamén conta os seus mortos Israel.
Confeso que me horroriza que alguén use a palabra «túnel» para xustificar unha matanza de inocentes, a destrución de centenares de vivendas, o desprazamento de miles e miles de homes e mulleres angustiados.
Confeso que me repugna quen, ao tempo que condena con palabras o crime, vende ao agresor armas por valor de mil millóns de dólares.
Se as contas non me resultan mal, eses millóns darían para ofrecer 500 dólares en alimentos e medicinas a cada un dos habitantes de Gaza.
Imaxinen por un momento que Hamas e Israel, Estados Unidos e Arabia Saudí, en vez de gastar recursos en proxectos de morte, se aliasen para aliviar a sorte dos desherdados de Palestina.
Estariamos a falar de humanidade e non de horror!
——————–
O home é un lobo para o home
A expresión en lingua latina “homo homini lupus” significa “o home é un lobo para o home”. Corresponde, como todos sabemos, a unha cita do texto “Asinaria” do escritor Plauto que viviu cara ao ano 200 a.C Foi popularizada, non obstante, por un filósofo do século XVIII chamado Thomas Hobbes o cal consideraba que unha das notas características da esencia humana é o egoísmo, por intermedio do cal o home mesmo remata sendo o seu propio verdugo, é dicir, un lobo para o home. Os xornais de hoxe dan testemuño de que é verdade: Gaza, Ucrania, Centro-África, Siria, Afganistán, a vala de Ceuta-Melilla, etc…, tristura moita tristura…,

*Manuel Arean Fernández, é un cura da miña veciña parroquia de Parada en Lalín. Na actualidade é o cura de San Clodio ao carón de Quiroga, e de dez parroquias mais.

sin-tc3adtulo3

O CRIME DO COTO DA RECADIEIRA

O CRIME DO COTO DA RECADIEIRA

Escoitenme meus señores,
o que lles vou a contar,
e que no barrio do Coto,
tivo a magoa de pasar.

Nun día do mes de Marzo,
de mil novecentos nove,
alá polo medio da tarde,
deses dias que mais chove.

Adentrouse na taberna,
o señor Santiago Ares,
e pedíu falar axiña,
con Feliciano Fernández.

Baixou do andar Feliciano,
e deu en tratar con el,
para que fora a Mondoñedo,
que mais tarde iría el.

Ó pouco saíu da casa,
quizáis por última vez,
colleu camiño da Vila
montado no seu corcel.

No camiño da fervenza,
foise atopar con Ares,
decindolle que se baixara,
que iban a ter uns falares.

O dos “músicos” baixouse,
con algo de desconfianza,
e o criminal do Ares,
acoitelouno na panza.

Despois cargou a escopeta,
ao ver que se escapaba,
pero non dou atinado,
ó que xa se desangraba.

En canto chega a San Lázaro,
volve carga-la escopeta,
e zorrega un par de tiros,
anque con pouca certeza.

Namentras o feliciano,
a súa casa chegou,
con toda-las tripas fora,
das feridas que levou.

Tales eran as feridas,
que non durou moito tempo,
e no serán do outro día,
xa tiña o velorio feito.

E o vintedous de mañá,
de un chuvioso mes de Marzo,
no convento da Alcántara,
saíu culpable Santiago.

Ninguén sabe porque o fixo,
algúns din que foi por celos,
pois seica que non lle daba,
a rapaza bos consellos.

Santiago foi condenado,
a catorce anos de cárcere,
e a pagar duas mil pesetas
a familia de Fernández.

               Letra: Antón Reigosa Lombao – Lugo
               Arranxos: José Iglesias Fernández

(Relato de un crime acontecido na provincia de Lugo e feito a modo de un cantar de cego)

Sin título

 

NOVO DISCO DO GRUPO *FUNUNCAN *

NOVO DISCO DO GRUPO *FUNUNCAN *

Veño de recibir un fermoso agasaio. O novo disco do grupo FUNUNCAN, no que se atopa a cantiga que me dedican “A noite máis clara” inspirada nun romance de cego que cantaba a miña ceguiña de Aciveiro: “Veñan señores e escoiten”

Imagen

Imagen

A NOITE MAIS CLARA.

Semellaba outra mañá, pero esta era diferente.

Coa tristura foi da man devolver unha semente.

Cantarlle un romance a quen a escuras llo cantara a él,

na súa noite mais clara

xa os corvos fixeron a cama.

E ti que botaches o río a andar, nós agora aquí diante

podemos nadar.

Viaxa tranquila, viaxa da man, viaxa entre coplas do teu irmán.

(A letra é un reflexo de como me sintía eu e do que aconteceu o día do seu enterro, no que lle cantei a pé de tumba  “Veñan señores e escoiten”

 

SON MULLER (Lola Blanco Castro)

SON MULLER

Son muller, eso faime menos?

Non teño dereito a ter éxito?

Son muller, e por eso son rival?

Dous pasos atrás…négome !

…eso xamais!

 

Sinto. Son muller meus señores, e coma min mil !!

Si eu caio…outra virá para ocupar o meu sitio.

Non teño medo, non son martir…son guerreira.

 

Levo espada e non coitelo. Non son un ser traicioneiro.

Miro a espalda porque dende ahí,

sempre vexo o demo, ó cal non teño medo.

Unha espada, vence a ún coitelo.

 

Son muller, e como muller, vou facer o que eu quero.

Non me importan as críticas, fanme mais forte…

Non me importan as loitas, fanme mais grande…

 

Son muller. Sinto por quen non quere que as mulleres,

fagan e falen do que sinten alto e craro.

 

 (Un fermoso poema da miña amiga Lola Blanco Castro. Canto me gusta a súa poesía, tan natural e tan súa)

Imagen

 

 

CARAPORQUIÑA VERMELLA (Xan Perez)

CARAPORQUIÑA VERMELLA

Por Xan Pérez.

 

Extensión da presentación dunha titiritada.

Dedicada a un amigo.

 

PRESENTADOR:

Xan, é un titiriteiro. E un dia atopou a súa casa , na que sempre quixo vivir, coa cociña orientada o sur…. Foron moitos kilómetros polo mundo enteiro e parte do extranxeiro, no seu coche verde.

 

O do coche verde é unha Anecdota; Cargando o coche despois dunha función, achegouselle  un neno dos que viron a función, e co dedo pulgar da man dereita entre os beizos, díxolle:

Cando sexa maior quero ser coma ti.(Aaaaahii). Xan estremeceuse ante semellante honor. ¿Queres ser titiriteiro? Preguntou case cunha bagoa saindo da glándula.. E o neno dixo. Nooooon,  eu quero ser un señor con un coche verde. (Aings)

 

Sigamos coa casa.

 

Non é unha casa moi grande, o necesario, pero é moi bonita; As paredes son de pedra, o tellado de pizarra,  con unha chimenea desas que cheiran a borralla de carballo.

As xanelas e as portas, encargounas  a uns carpinteiros de Vilatuxe, ademais da escaleira que sube o faiado, onde xan vai montar un plató. Con luces, con camara e con acción.

 

Dun lado da casa hai un prado do tamaño de unha pista de tenis que remata nun regato que canta toda a noite. Pero Xan, dalle ó prado outras utilidades; culinarias, aromáticas e medicinais. Ademais, ten un par de colmenas, con simpaticas abellas, que lle proporcionan antibiotico e velas para todo o ano, e lle axudan co pequeno xardin de flores, que hai o lado do minúsculo estanque sen peixes.

 

Doutro lado da casa, hai unha fraga, con un camiño que a cruza. O primeiro que fixo Xan cando se instalou na súa nova casa, foi dar un paseo para presentarse ós seus novos veciños.

Así que colleu a súa inseparable mochila, e marchou todo recto polo camiño que cruzaba a fraga, cantando un Aria da opera Verdiniana “Rigolletto”, na que o Duque de Padua advirtenos dos encantos das mulleres. A saber, “La donna e móvile”.

 

Na fraga non habia ningún koala,………. por iso tampouco habia eucaliptos.

Habia castiñeiras, nogueiras, carballos, ameneiros, pinos,……   E como era outono os esquios apañaban para o inverno, saltando dunha árbore a outra. Ou correndo polo chan,  facendo saltar as follas entre as que aparecian deliciosos Boletus; que ben poderián servir pra acompañar unha chuleta. Pero como Xan non  levaba cesto nin navalla de apañar cogomelos, decidiu volver mais tarde por eles. E facerse unha homenaxe esa noite.

 

Facia pouco que saira o sol, Xan érguese  sempre moi cedo, e facia algo de frio polo camiño, pero pronto comenzou a percibir a fragancia dun lar. Seguramente, algunha casa que estaba cerca tiña o lume encendido. E o café de pota o lado. Xan ten “ventos” pra iso do café.

Sacudiuse e acelerou o paso como se fora a hora punta no metro de Madrid. É o pouco, escoitou os acordes dunha guitarra, e unha voz grave que cantaba algo dunha señora que se chamaba Hortensia, e decia o canto que a tal hortensia facia un caldo que quitaba o sentido. Xan achegouse despacio pra non facer ruido. O emisor desa armonía era un señor con bigote. Cando acabou de cantar Xan aplaudiu, e o señor con bigote, chamou a Xan polo seu nome e iso que ainda non se presentara. Radio aldea xa se encargara diso.

O señor con bigote invitou a Xan a entrar na casa e tomar o café de pota ó lado da cociña, foi unha pena non ter levado na mochila medio kilo de melindres, porque o café estaba quentiño.

O señor con bigote, puxo tamén, empanada de bacallau con pasas que fixera o dia anterior, para tomar co café, e  un pouco de caña, pero a caña que lle vai a Xan e a das troitas. Según me contou Xan, a empanada tamén estaba deliciosa.

 

E o señor con bigote, dixo a frase que comenza calquer conversa. ¿Sábeche o churrasco?. E coa mesma invitou a Xan a comer o churrasco que esa fin de semán celebraba coa familia e uns amigos,  advertiulle, que non se puxera ó lado dun familiar seu, un con ricitos, que comia o churrasco como gominolas. E desafinaba moito cantando o miudiño. O plan pintaba ben, porque resulta que o señor con bigote era trovador. Ademais irian a festa un gaiteiro que no seu tempo libre adicase a informática, e un avogado da capital do imperio, que fala galego e xoga moi ben o trivial pursuit. Vamos unha Feisbukliada. Xan colleu outro anaco da empanada, sorbeu despacio o cafe e aceptou o combite.

 

O señor con bigote e Xan, falaron de como se chamaban os lugares que habia preto da aldea, e dos chismes da xente, en fin, a Radio Aldea da que falaba antes.

 

E de pronto, unha porca meteuse na cociña. ¡¡¡¡¡PASA PORCA!!!! dixolle o señor con bigote a Porca. Así a chamaba. Porca, acababa de parir, e o señor con bigote insistiu en agasallarlle cunha das crias, para que lle dera compañia. Así que rematado o café e a conversa por ese dia. Xan marchou coa cria da porca no colo e a mochila no lombo.

 

Ó chegar a casa, puxo a cria sobre o sofá e decidiu poñerlle un nome, e como tiña cara de porca, chamoulle Caraporca.

 

Xan, cuidouna moito, e aprendeulle a facer cousas, Caraporca era moi lista, e o pouco xa sabia facer a colada, pasaba o ferro, abria as xanelas pra ventilar, limpaba o baño e incluso facia algún amaño coa agulla de coser, ante todo Caraporca é unha porca moi limpa, si señor. Pero o que mellor facia Caraporca era cociñar, facia un caldo de navizas con cocido que lle daba voltas o que facia a señora da canción que cantaba o señor con bigote. E un dia foi a un concurso da televisión, onde algún porco preñouna. Despois da regañina e o cabo dunhas semáns pariu unha única porca, e de nome púxolle Caraporquiña. A sua aboa Porca, fixolle unha carapuchiña vermella, para que non pasara frio. E dende aquela, todos a coñecen como caraporquiña Vermella.

 

Pero esa é outra Historia.

Imagen

O meu bó amigo Xan Perez, é un dos titiriteiros que ó longo dos Cilexios de Primaria e Secundaria do noso País loitan por salvar unha parte moi importante da nosa cultura.

  • O Sapo Encantado, Pedro e o Lobo, O Parrulo Feo, Caraporquiña Vermella… Son algús dos contos que conforman ó espectáculo actual cos seus títeres, dirixido maiormente ós Colexios de Galicia onde actúa  asíduamente durante todo o curso escolar.

 

Podería falar da súa longa formación teatral, dos seus múltiples traballos no teatro, é de cantidade de traballos cos seus títeres, pero levaríame trés ou catro follas facelo e non quixera espallarme moito. Voume quedar só cos seus traballos no cine (1.999) “Mucha Sangre” Comedia  dirixida por Pepe de las Heras. (2.005) “Chapapote… o no”, comedia sobre o acontecido co PRESTIGE; Director Ferrán Llagostera. Traballos na TVG (1.997) “Con Perdon” programa de humor da TVG. Realizando o espacio de “Entrevistas Indiscretas” (2.004) “A Miña sogra e mais eu” Serie para a TVG, no papel secundario de RICARDO. Director Kiko Cadabal.

 

 

PRA PEPE POR TRINTA EN CADA PERNA… E PICO.

PRA PEPE POR TRINTA EN CADA PERNA… E PICO.

¡Chispa te coma, meu vello!,
agora si que a fixeches,
co que acabas de escribir,
qué farta de rir me deches.

 

Mira ti si lle das xeito,
a estas cousas de estrofar,
que pra decir que xa vas vello,
dedicácheste un cantar.

 

Pois si alá van os sasenta,
queira Deus… e non se esqueza,
de deixarte noutros tantos,
por eiquí e polo Deza.

 

Non me vou alongar moito,
pra que non se aburra a peña,
porque logo van decir,
que lle damos moita leña.

 

Pola miña parte, amigo,
nunca perdas ise vicio,
de seguir cumprindo anos,
con boas mañas i arteficios.

 

Que si os vas cumplir cantando,
mais bebendo e hasta danzando,
pra que bailes tí, eu toco,
e irémolo levando.

 

Parabéns entón, meu vello,
e xá que tí me vas gañando,
os que vas deixando atrás,
eu ireinos apañando.

 

I agora xá remato,
brindando para contigo,
con aquel cantar que sabes,

e que dí no seu contido:


“Veña un trago meu amigo,

co meu corazón gaiteiro:
E se acabamos con  pan…

…veña viño… ¡¡ COMPAÑEIRO !!”.

        LETRA; Julio González Álvarez

        RETOQUES; Xosé Iglesias Fernández.

 

(O meu bó amigo Julio Gonzalez, dedicoume este fermoso poema

polo día do meu cumpleanos, en resposta o que eu me dedique.

Amigos que presume de ter un)

Imagen