ATASCADO!

ATASCADO!
Mal día pros meus bronquios,
por istes cambios de tempo,
sempre me pasa igual…
crávanse coma coitelos no peito!!
Anque sinto alivio ó pensar,
e casi dalo por feito,
que á volta dun par de días,
vanse marchar por un tempo.
Quedareime tranquilo outra vez,
ate as vindeiras doenzas,
que me van pillar preparado,
anque non sei de que xeito.

ODA ÁS PIÑAS

ODA ÁS PIÑAS!!

A Cristorrei* achegueime,
no albor dun novo día,
coa miña guitarra en mau,
pra facerme compañía.

E entre cantiga e cantiga,
de vez en cando escoitaba,
un “tris tris” acompasado,
que ó meu cantar axudaba.

Afinei ben o oído,
e pregunteime que sería,
o chasquido acompasado,
de tan fina melodía.

Ata que diron meus ollos,
con tan fermoso instrumento,
e coas maus que o tocaban,
con semellante talento.

Alá, no alto dos pinos,
e coa calor que facía,
iban soltando os piñóns,
as piñas que o sol abria.

*Cristorrei: É unha capeliña que hai no alto dun monte na parroquia de Xustáns en Ponte Caldelas. Arredor dela, hai unha area recreativa moi fermosa e onde se está moi ben.
Alí vou algunhas mañás pola fresca para tocar e escribir.

MUIÑEIRA DA LÚA CHEA!!

MUIÑEIRA DA LÚA CHEA!!

Miña lúa, lúa chea,
lúa da noite mais crara,
lúa de gardar segredos,
de saber estar calada.

Pola mañán cedo iraste,
e volverás mais delgada,
e o teu sorriso de lúa,
borrarase da túa cara.
Esquecereite algúns días,
e ti, noite a noite, calada,
volverás en vinteoito días,
a amosarme a túa cara.

Mentras, eu esperarei que volvas,
de sorrisos dibuxada,
e disfrutarei outra vez ó verte,
de resplandor, preñada!!

(Pepe 27.4.21)