ENCE E OS NOSOS MONTES

ENCE E OS NOSOS MONTES
   Onte cando iba pra Lama escoitei en Radio Pontevedra, un anuncio de ENCE, onde din mais ou menos “Se tés alcolitros de 15 anos, mercámoschos. ENCE coida dos vosos montes!!
   E xa que estaba nun concello ateigado de alcolitros e acababa de pasar por Ponte Caldelas, outro tanto do mesmo, ou aínda peor, déuseme por pensar de que o anuncio é unha mentira tan grande coma o deserto do Sahara. E amais de ser mentira, como diría o meu amigo Jose M Canabal… Non é certo, nin verdade!!
ENCE, non coida dos nosos montes. Coida dos seus intereses nos nosos montes, que é moi distinto.
.     Cando ENCE se preocupou das carballeiras e soutos dos nosos montes?
.     Saben os de Ence que é un carrrasco? Unha carqueixa? Un codeso?
   Cando lle preocuparon a ENCE as matogueiras que os fan tan fermosos?
   Cando ENCE prantou outra cousa que non foran alcolitros?
.     Cantos carballos, vidros, ameeiros, sobreiras, salgueiros, freixos, loureiros, aveleiras, etc. prantou ENCE para decir a burrada de que coida dos nosos montes?
   Cando se preocupou ENCE de limpar os montes onde non hai alcolitros?
.     Cando se preocupou ENCE dos montes do Deza, antes de que apareceran eses alcolitros que se dan en altura superior a 600 mts.?
.     Que fixo ENCE polos montes de Agolada e Lalín ata fai uns anos que está enchendo prados e terras de labradio de alcolitros, co beneplácito da consellería do Medio Ambiente galego?
   Se ENCE coida dos nosos montes, por qué permitíu que un sitio tan emblemático e fermoso como o Pedregal da Irimia, nacemento do noso pai Miño, se enchera de alcolitros?
.     Preocupáronse algunha vez os de ENCE da fauna e flora autóctona que desaparece nos alcolitais que prantan? desaparece dos alcolitais que prantan?
.     Non me fagan rir, que sáenme prantos en vez de risas.
.     Hai un vello refrán que di que en boca pechada non entran moscas. No caso da súa, polo tamaño, en vez de moscas entran avestruces. Así que millor para os montes galegos… péchena!!

CARRABOUXOS

COQUELOS, COCAS, CARRABOUXOS, BUGALLOS, MAZACOUCAS, BAILARETES, CACHOLOS, MINCHOS, MAZÁS DO CUCO, PARINOLAS, PANDAROTES, CARACOIS…
,     Anque semellan ser froito do carballo xunto coas landras, nono son.
Son unha maneira que ten o carballo de defenderse contra os parásitos e a mosca asociada a él.
   Todos teñen no seu interior un ovo cunha larva pequechiña branca, que cando se convirte en mosca, sae ó traveso dun pequeno buraquiño que fai.