HISTORIA DA BANDA POPULAR DE MUIMENTA

HISTORIA DA BANDA POPULAR DE MUIMENTA

          A banda máis antiga do municipio de Lalín da que da conta Enrique Alvarellos Iglesias no seu libro é a de Noceda, fundada en 1859 e desaparecida en 1924. Desta agrupación saiu unha abundante canteira de músicos, que máis tarde nutrirían outras moitas da comarca. O primeiro director coñecido foi Ángel Riádigos (bombardino) a principios do século XX. A súa morte, aos 80 anos, supuxo tamén a defunción da banda. A súa desintegración case coincidiu coa creación da veciña de Bendoiro. Os seus compoñentes repartíronse entre varias agrupacións, como a da Xesta ou a de Gregorio, tamén antiga, pois durante un tempo esta –da que non hai datos concretos– e a de Noceda foron as únicas do municipio.

Imagen


A seguinte recollida no libro Bandas de música de Galicia é a de Filgueira, aínda que a súa traxectoria se limita ao século XIX (1862-1898). Os seus fundadores foron os irmáns Balado e non debía sobrepasar a quincena de compoñentes, iso si, todos con solfeo. Florentino Pampín García, bombardino falecido en 1915, foi o encargado de impartilo aos seus compañeiros, pero negouse a ensinarllo ao seu fillo, malia ás presións: “Para pillar fame e calamidades, ben cheguei eu”. A anécdota, citada por Alvarellos, ilustra o que era ser músico daquela. Cando ían tocar a casas pudentes co gallo da onomástica do seu patriarca despedíanos cun “moitas gracias” e, se algunha vez lle daban a comida, tíñanos apartados da familia, coma se non foran persoas. Era un dos peores desprezos para os músicos da época.

Imagen

          Fundada en torno a 1875, a Popular de Muimenta é a única decimonónica do municipio que se mantén en activo. Alvarellos indica que o promotor foi José Vilariño, axudado por nove compañeiros. Está considerada como a “nai da Banda de Goiás”, coa que chegaría a fusionarse puntualmente cando ésta última se vía debilitada de intérpretes. “Tan pronto los músicos de Goiás llegaban a ser mayores en número, prescindían de la de Muimenta y reorganizaban la suya –recolle o libro das bandas–. No obstante, la de Muimenta resistió cuantos vendavales le han surgido, que no fueron pocos, y con más o menos músicos, fue aguantando heroicamente hasta nuestros días, sin haber llegado nunca a desintegrarse”. O fillo do fundador, do mesmo nome, que tocaba a trompeta, asumiu as rendas ata 1946, “en que tuvo que dejarla por motivos de salud”. Mecánico de profesión, “su fama la adquirió por afinar instrumentos para un gran radio geográfico”, prosegue o relato dunha das agrupacións máis documentadas polo autor. Parece que mesmo chegou a fabricar unha gaita para o ditador Francisco Franco, por encargo do Concello de Santiago, “logrando en ella un sonido como si hubiera sido construída en boj”.

260455_176788732384424_3468340_n

           Relevouno Eliseo Pedreira Fernández, trompeta da banda desde os 16 anos, que levaría a batuta ata 1972. Formou a gran número de músicos e levou a Muimenta por toda Galicia e ata fóra dela. De feito, disque un ano mesmo foron invitados ás Fallas de Valencia, pero renunciaron por temor a que o repertorio non lles dese para catro días de actuacións. Eliseo aboliu o costume que a banda tiña de dividirse para poder atender dúas ou máis festas á vez. “Máis vale facer menos festas, e facer boa banda”, dicía. Soubo compaxinar a música coa súa profesión de xastre ata tal punto que en tres ocasións atendeu tamén a dirección da Banda de Vilatuxe (1947, 1949 e 1974). Unha vez reuniu aos poucos músicos que quedaban de Lalín e Vilatuxe, formando un grupo de 25 que actuaría no San Cristovo. A experiencia foi tan positiva que logo tocaron tamén nas Dores, no Montserrat e incluso saíron a Portugal.

banda-de-muimenta-1980          Alvarellos destaca o interese da parroquia por manter viva a formación, mesmo chegando a implicarse economicamente en momentos delicados. Tamén relata algunha anécdota, coma cando en 1967, a música da “Popular” soou en todo o Estado, xa que Televisión Española proxectou unha actuación que tivera en Cambados co gallo da Festa do Albariño. En 1972 asume o mando Secundino Pedreira Prado, que dirixira a Bermés, ao que seguirían Anatole Pallás Fuertes e Manuel Gato Soengas, teniente director da Banda da Policía Nacional, do que Alvarellos escribía a comezos dos anos 80: “Su experta y técnica dirección hizo notar un marcado cambio en la Banda de Muimenta, necesitada, desde hace años, de un auténtico profesional”. Os directores máis recentes foron Cándido Alvarado, José Luis Represas Carrera e José Bugallo Senra, batuta actual dunha formación que fai honra á denominación “popular” e, lonxe de aventurarse en certames e competicións, mantense fiel á tradición dos pasarrúas e dos campos das festas.

 (Esta pequena historia da nosa banda está copiada do seu blog)

bloghttp://bandademuimenta.vifito.eu/historia/

Imagen

 261645_176790349050929_4460370_n

Fotos cedidas por José iglesias Fernández.-

261645_176790349050929_4460370_n

Fotos cedidas por José Angel Silva Mejuto.-

b. muimenta 1

b. muimentaFotos incluídas no Face da banda.-

aaaaaaaaaaaaaaa

Fotos cedidas por Pepe Fdez. Vilariño

261645_176790342384263_6087966_n

Sin título 1

Fotocopia da tarxeta de felicitación das festas do Nadal do ano 1997 e que conservo na miña colección de músicos da terra.

baada-de-muimenta

  • A banda no ano 1972

338104_258916944155354_326991770_o

A LAMA: Praza da Pedreira. 2019

A MUSICA NAS AULAS

A MUSICA NAS AULAS

          Parece ser que a decisión de uns cuantos “imbeciles i escuros”  de rematar coa materia de música nas aulas do ensino secundario sigue adiante, e levarase ate o remate si é que as protestas da rúa non lle poñen remedio.

          A educación dos nosos fillos non será completa si dende a Xunta e Madrid, siguen adiante con semellante burrada e non dan marcha atrás na súa decisión, e mentras os responsables dos centros educativos non tomen cartas no asunto.

          Anque as mentes enanas dos nosos políticos non o sepan, a música é o legado mais importante que nos deixaron os nosos ancestros, ademais de ser unha das pezas mais importantes da nosa identidade cultural. Quen se imaxina a Nosa Galicia sin as Muiñeiras ou sin os Alalás.

          Ademais, poucas materias permiten o traballo en grupo como a música, na que cada instrumento non é alleo aos demais e solo o traballo en grupo consigue o obxetivo de unha fermosa peza musical. Si algún dos instrumentos do grupo non funciona correctamente,nunca se conseguirá o obxetivo deseado. Polo tanto, ao ser un traballo en equipo tamén axuda a reforzar certos valores como a constancia, o esforzo, a disciplina, o compañeirismo, a amistade, a comprensión… e algo tan importante e do que os nosos políticos carecen como é o respeto polo traballo dos demais.

          Entón, ¿a que ven querer rematar con esta materia, cando o  que verdadeiramente debian de facer era potenciala para que funcionase mellor do que o estaba a facer? Ao mellor non saben que esa materia de relixión que lles queren meter aos rapaces con embudo, tamén ten un importante compoñente musical, e para comprobalo non teñen mais que ir a unha misa cantada e entenderán a importancia e o fermoso da música en moitos dos aspectos da vida, si é que están capacitados para entendelo.

          Penso que a estas alturas e por desgraza, xa non van dar marcha atrás, porque todos sabemos da maneira dictatorial que teñen  de proceder en certos aspectos  nos que obran pensando que todo vale dende a súa maioría absoluta.

          Así que só queda desexar que Deus lles conserve  a vista o olfato e o tacto aos responsables desta desfeita, porque o que é o oído e o gusto, non lles fai falta ningunha o non saber facer uso deles.

Imaxe