Fermoso documento sobre a inauguración e declive do balneario, no blogue “Aquam Latam” de Manuel Busto Galego.
BALNEARIO DE CALDELAS DE VILARIÑO (AGOLADA): INAUGURACIÓN E DECLIVE
En 1963 Manuel Galego Iglesias actuou como fotógrafo e como correspondente do Faro de Vigo dándonos conta da inauguración do Balneario de Caldelas de Vilariño, á que asistiran o propietario do mesmo, D. Antonio Vilariño Vázquez, o Xefe Provincial de Sanidade, D. Julio Casal Castro, acompañado dun químico, D.Juan Ugarte Pollano e o médico-director do balneario, D. Enrique Barcala Loureiro. Previamente as instalacións foran bendicidas polo párroco de Vilariño, D. Manuel Diéguez Diéguez.
O edificio que alberga o manancial e o pavillón de duchas e salas lucían recén remozados. Este manancial foi cualificado e recoñecido como auga mineral o 12 de decembro de 1958 pola Dirección General de Minas. No orde terapéutico foron recoñecidas como augas mineromedicinais pola súa condición acratopega, intensamente alcalina, bicarbonatada sódica e sulfurada, rica en fluoruro sódico e en ácido metasilícico, segundo as análises da época.
O edificio posuía varias salas con bañeiras en dependencias alicatadas.
Igualmente había salas de chorros e consultas.

Vista do corredor central do pavillón principal.
Nestas imaxes vemos ao propietario, o médico e as autoridades provinciais de Sanidade, o día da inauguración.
O balneario funcionou como tal desde 1963 ata os inicios dos anos 70. Descoñecemos as razóns que provocaron o seu peche. Desde entón os edificios foron abandonados e o declive e deterioración foron sumándose inexorables.
Estado actual do pavillón central.
O balneario está situado na parroquia de Vilariño, moi preto do río Arnego e da actual Ponte Vilariño. O Arnego posúe outras dúas resurxencias de augas caldas, unha en Ferreiroa na zona de Paizás e outra preto da Ponte dos Cabalos.
Construción que alberga o manancial, completamente absorbida pola vexetación na actualidade.
O pavillón da fonte presentaba este estado o pasado sábado.
A fonte segue a manar augas caldelas, é dicir mornas, temperaturas que seica oscilan entre os 20 e os 30ºC.
O pavillón central visto desde a caseta da fonte.
Interior e salas en completo abandono e ruína.
Artículo remitido por Manuel Galego Iglesias a Faro de Vigo o 28-8-1963
Fotos de Xosé Iglesias sacadas no ano 2014
Noraboa por este blog no que podemos disfrutar de tantas “cousas” tan bonitas e interesantes. Acabo de ler todo o que pos do Balneario da Ponte Vilaríño e tiven a impresión de que estaba escoitando o que falaban Arturo e Manolo Santalla, este último veciño de Artoño (A Golada) sobre o balneario, a ponte e as troitas que pescaban no río Arnego.
Moitas grazas Marian. Que magoa que esteña abandoado, amais a paisaxe onde está e imcomparable.
Buenas tardes, estoy tratando de ubicar a familiares de Manuela Vilariño Vazquez, mi abuela Carmen Vilariño era tìa de ella, vivìa de joven en Muimenta hasta que vino a vivir a Argentina, estoy programando viajar en octubre y me gustarìa conocer el pueblo de mi abuela, muchas gracias!
Ola Mabel. Non te preocupes. Vouno publicar na páxina que temos is veciños deMuimenta e malo será que non topes familiares. Xa te terei informada
Un saúdo
Muchas gracias Jose! aguardo novedades
Moi interesante e moi triste. Por qué no se fai nada al respecto. E unha pena velo así.