LEITE MAZADO
. Nunha xuntanza que tiven onte na Estrada con amigos dunha asociación cultural, e falando das cousas que vivimos de cativos, chamoime moito, que casi ningún escoitara falar nunca do leite mazado. Na miña casa natal do Castelo, lembro de cativo a miña nai e a miña tía moitas noites mazando nén a carón do lume da lareira, para facer a manteiga.
. Lembroas sentadas cunha ola de barro entre os xeonllos, moi pretas do lume, supoño que para quentala.
. Na ola metían unha vara chamada “mazo” ou “mazarico” que nun cabo tiña unha roda de madeira que me parece que lle chamaban “Rodela” que era a que batía o leite, e unha tapa de madeira tamén para que non saíra o leite para fora e que tiña un buratiño por onde se metía o mazo.
. Enchíase a ola de leite, e mazaban nél ata sacarlle a manteiga. …. Non lembro o tempo que levaba facela, pero si lembro que pasaban moitas horas mazando nél polas noites.
…. Aquela manteiga despois, comiámola con pan e mel, según saía quentiña 🙂
A foto e no pazo de Arxeriz no Saviñao.
