Sobre min

        Benvidos a todos os que queirades achegarvos a este blog onde podedes estar seguros de que seredes ben recibidos. Magoa que nestas “tabernas” tan modernas, non poida convidarvos a uns cafés ou a unhas cuncas de ribeiro, nin manter unha conversa con vós mirandonos ós ollos…é o que ten isto das novas redes.

        O único que pretendo neste pequeno recunchiño, é compartir con todos vós uns intres agradables. Si o consigo, darei por ben feita a aventura e sentirei a ledicia de saber que os meus traballos non caen en saco rachado.  Só pretendo contarvos algunhas anécdotas, uns cuantos contos, e facervos partícipes diles, así como ensinarvos moitos dos meus traballos entre os que se atopan poesías e sobre todo Cantares de Cego é  Romances, música da que son un  namorado.  Anque me dediquei durante uns anos á música tradicional galega, os cantares de cego sempre foron e serán a miña gran paixón. Houbo un tempo en que os cantaba polas feiras e prazas do Noso País, cantares e romances das coplas que eu mercaba ós cegos, e das que eu recollía ou que me ensinaban os amigos. Andando o tempo,  decidín facer os meus propios, que vos irei presentando, anque eso non quita que vos amose unha boa colección dos tradicionais que gardo como ouro en pano.

        Pois nada,  decirvos que si vos apetece, podedes dar a vosa opinión sobre cada ún dos traballos anque sexa crítica. Podedes ter por seguro que sempre será ben recibida.

        Unha aperta pra todos.

4 thoughts on “Sobre min

  1. Noraboa polo blogue! Hoxe mesmo pregunteille á miña avoa se recordaba algún romance ou cantar dos cegos. Cantoume o de ‘Xan Quintán’ e busqueino en google por curiosidade de saber se estaba recollido nalgún sitio. Moito disfrutamos meus avós, nai e eu lendo os romances que tes transcrito.

    • Pois moitas grazas pola parte que me toca Ana. Pois aínda me quedan moitos por poñer así que estate atenta jeje. Si queres engademe o teu correo para saber cando saen ou tamén podes buscarme no Face. está o enlace no fondo de todo do blog. Unha aperta e de novo moitas grazas por ler as miñas cousas e que son as de todos.

    • Hola Puri. Non vexas a ledicia e a morriña que me entra cada vez que se achega un paisan@ meu a iste recunchiño (Eu nacín no Castelo, e teño un pé en Muimenta, aldea do meu pai). É algo que me anima a seguir escribindo e a contar as cousas das nosas aldeas, e que a min tanto me marcaron. Puri, agradeceríache que me mandaras un correo a esta dirección, que é a do blogue:
      cima.candan@gmail.com
      Que sepas que é unha ledicia, e como dí un amigo meu, mándoche un biquiño de mel e unha perta de buxo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s