CIDADE DAS COSTAS DE ALÉN (Fornelos de Montes)
. A finais do verán pasado, achegueime ata Traspielas, para mirar un foxo do lobo que hai no monte Chan de Anduriña.
. O foxo, non está en moi bo estado, pero é dos poucos dobles que coñezo, con un doble corredor e unha doble trampa.
. Pero a sorte, quixo que me atopara por alí cun empregado do servizo de montes, que me levou a outro lado do monte, a un lugar coñecido como a cidade das Antas, onde fai pouco se descubriron 39 chozos, e según parece, entre a matogueira, pode haber moitos mais, xunto cunha neveira que se atopa tamén desfeita.
. Contoume que a lenda desta pequena cidade de chozos viña decindo que era unha pequena cidade, a onde viñan morrer os mais vellos dos lugares dos arredores. Por iso é coñecida tamén como a cidade dos mortos.
. Chaman a atención os chocos de dúas medidas. Os mais grandes, onde poden caber tres ou catro persoas, son moi parecidos ós que hai no Suído perteñecentes ó mesmo concello. Estes eran uns refuxios para resgardarse das inclemenzas do tempo ós pastores que pasaban os días nos montes coudando do gando.
. Pero o que é mais chamativo, son os pequenos que non teñen un interior de mais dun metro cadrado de superficie e medio de alto. Penso que serían para gardar os alimentos, roupa, cás, e aperos que necesitaban istes pastores.
. Tamén me di unha persoa coa que falei, que o pasar preto un camiño de arrieiros, poderían ser escondrixos pro contrabando, tales como había na Cruz da grade enLalín, e que foron desfeitos cando se ampliou a carretera que vai ó Irixo.
. As terras, parece que perteñeceron ó mosteiro de Melón, polo que a neveira, debería ser dos monxes perteñecentes á orde do Cister.
. Todo o conxunto, Chozos, Neveira, Foxo do lobo, Petroglifos de Estacas, Mirador de Coto de Eiras, e Area recreativa de Chan da Cavada, son diños de visitar.