UN COCIDO DE LALÍN (Como Deus manda)

UN COCIDO DE LALÍN (Como Deus manda)

Chamoume San Pedro ó ceo,
xa que en Lalín son nacido,
que lle leve unhas cousiñas,
pra facer un bo cocido.

Un lacón, unha cacheira,
e unha ristra de chourizos,
ademais dunhas castañas,
afumadas nos canizos.

De Muimenta unhas patacas,
uns greliños de Cadrón,
dous botelos do Castelo,
e de Bermés un bo xamón.

Pois xa ten prendido o lume,
co trespés ben asentado,
o pucheiro cheo dauga…
e a Deus sentado ó lado!!!

Seica levan todo o ano,
cunha dieta sen excesos,
pasando mais fame os dous,
que os carrachos dos codesos.

Así que voume pralá,
como un rapaz ben mandado.
Se lles fago un bó cocido,
xa teño o ceo gañado.

Pois eu méritos non teño,
pra gañalo doutro xeito,
que a rezar –eles xa o saben-
a verdá… no-estou afeito!!!

Convidareinos despois,
-pra que estarriquen as pernas-
a uns paseos por Lalín,
e a cantar polas tabernas.

E remato xa este conto,
dando a razón ós que dín,
que non hai mellor cocido…
que o que se fai en Lalín!!!

Nunca escribira nada sobre da Festa  do Cocido de Lalín. Así que considerando tal feito como unha débeda, ahí vai un pequeno poemiña, que andando un pouco o tempo, penso musicar tamén.

images

CARBALLOS E SOBREIRAS NA PARROQUIA DE BERMES (LALIN)

CARBALLOS E SOBREIRAS NA PARROQUIA DE BERMES (LALIN)

——Hai que ver o pouco senso que lle teñen os veciños de Bermés ó que debería ser un dos bens mais prezados da parroquia, un carballo ó que se lle supoñen entre 450/500 anos. Atópase no adro da igrexa, e aínda que a súa saúde é boa, está esmagado entre dous balados que están a mancar a súa codia, ademais, para afealo un pouco mais, fixeron a un dos seus lados uns nichos e puxeron un taboleiro de anuncios no outro. Non estaría demais que ós que corresponda, se preocupasen algo por el e axeitasen o lugar onde está, pra así poder incluílo no catálogo galego de árbores senlleiras xunto co de Vilatuxe e ó de Soutolongo, os tres grandes caraballos das terras do Deza.

Imaxe

Imaxe

Imaxe
——Por se fose pouco o asunto do carballo, a 500 metros del, no lugar do Vento e collendo a estrada cara a Santiso, a uns 30 metros podemos ver outra árbore moi fermosa e centenaria tamén. Neste caso é unha sobreira con farola incorporada. Parece ser que a farola puxose alí nos tempos en que Cuíña dixo aquello de “se queredes unha farola para alumear o camiño, poñede vós o poste” A algún debeulle parecer que nada mellor que unha sobreira centenaria para poñela. Como a colocación supóñome que foi cousa de Fenosa, levame a pensar que é unha empresa con moita electricidade pero con poucas luces.

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Imaxe
——Pero non todo é malo en Bermés, non. Tamén hai cousas moi boas empezando polos veciños, entre os cales medio me conto.
——No camiño que leva a igrexa, e ó carón da carballeira da festa, hai un fermoso carballo no medio dél, e cando se arranxou e asfaltou este, en vez de chimpalo como se fai a maioría das veces, deixarono estar e fixerono ao seu redor. Asi que tamén deixo reflexado o bó facer desta fermosa parroquia.

Imaxe

Imaxe