OS GALEGOS SOMOS ASÍ! Posted on Agosto 19, 2020 by joseiglesiasfernandez 0 OS GALEGOS SOMOS ASÍ! Que non nos chegan os bloques pra facer o alpendre… pois botamos man da tapadeira dun sartego e ó carallo!! Non vou dicir onde está. Non vaia ser o demo que sexa un monumento sagrado, se me cabreen os Deuses, e me condenen ó inferno en vida E o sartego? Preguntaredesvos vós. Pois nada, o sartego poñémolo onda o cruceiro, facendo de Pía Bautismal O alpendre está na paroquia de Barbudo en Ponte Caldelas. O sartego, no cruceiro que hai onda a igrexa da Ponte Taboada no concello de Silleda