IGREXA DE TOURÓN (Ponte Caldelas)

IGREXA DE TOURÓN (Ponte Caldelas)
..      Se fai uns días, escribín sobre a lenda de Santa Bárbara, imaxe que se atopa na parede traseira da igrexa desta parroquia, hoxe tócalle á igrexa e ó seu entorno.
..      É unha igrexa románica, anque a fachada foi reformada no Século XVIII e parte do campanario fíxose a comenzos do século pasado.
..      O mais chamativo da igrexa, é un escudo incrustado no lateral dereito da igrexa e que corresponde á familia de fidalgos dos “Pazos de Probén”, xa que poucas igrexas teñen un escudo dos fidalgos da parroquia nas súas paredes, anque si tiñan un banco propio a pé do altar, onde se sentaba a familia fidalga, e ninguén mais.
..      Esta familia era orixinaria de Redondela, e parece ser que foi a que dou nome á vila de Pazos de Borbén. Naturais de Redondela, trasládanse a Vigo no século XV, construíndo alí o Pazo-Figueroa, que seica é o edificio mais antergo de Vigo, sede o Instituto Camoens.
..      Diante da igrexa, hai un fermoso cruceiro, cunha caveira e os dous osos na súa base, xunto con unha inscripción. Na traseira da igrexa, debaixo da imaxe da Santa Bárbara, unha pira bautismal, fai de fonte.
..      Pero o que mais chama a atención, é un “caseto-retrete”, totalmente abandoado no adro, facendo esquina co cemiterio.
..      Pola numeración que teñen as pedras, este retrete, foi trasladado ó adro da igrexa dende outro sitio, pero ninguén me soupo dicir de onde, xa que os mais vellos do lugar, lémbrano sempre alí.
..      Todo o conxunto arquitéctonico, fonte, igrexa epalco da música, son diños de visitar.

TOURÓN – PONTE CALDELAS (Lenda de Santa Bárbara)

TOURÓN – PONTE CALDELAS (Lenda de Santa Bárbara)

..      Visitando o conxunto arquitectónico que hai na igrexa de Tourón, chamou a miña atención unha santiña que está encaixada na parede da parte traseira da igrexa. Pois nunca vira un santo aí. Sempre no frente, e nalgúns casos nun lateral, pero nunca na parte traseira.
..      Según me conta o señor Manuel Chamadoira, que andaba por alí dando unha volta, no ano 1727, apareceu unha imaxe de Santa Bárbara feita de pedra, entrerrada a carón dunha fonte que hai a uns 50 metros da igrexa, e que se coñece como “Fonte Santa”
..      Os veciños, limpárona ben, e levarona para igrexa, poñéndoa no altar, e quedando así de cu pra fonte. E tal foi a sorpresa dos veciños, cando pro outro día, viron a imaxe da virxe outra vez na fonte. Volveron collela, e volvérona para igrexa, aparecendo na fonte de novo pro outro día mais.
..      Este feito, seica aconteceu unhas cantas veces, ata que a última vez que o fixeron, descargouse unha enorme tronada sobre a parroquia que durou toda a noite.
..      Entón, os veciños, decatáronse de que o que quería Santa Barabara, era estar onda a fonte, e acordaron facer unha peana na parte traseira da igrexa, e poñer a santiña mirando pra ela.
..      E alí se pode ver hoxe. Dende onde está, mírase a fonte, e dende a fonte, mírase a Santiña.
..      A última foto, está feita dende a “Fonte Santa”

O ACUEDUCTO DE MIRÓN (Ponte Caldelas)

O ACUEDUCTO DE MIRÓN

..      No lugar de Mirón, que perteñece á parroquia de Tourón en Ponte Caldelas, atópase este acueducto en bastante bo estado de conservación, anque os pectoriles feitos de ladrillo, dan pensar que son posteriores á construcción do acueducto, e que no tempo no que se fixo, tamén eran de pedra.

..      Según me contou unha señora que por alí pasaba, fíxose para traer auga dende unha mina nun monte cercano, ás terras de labradío da aldea,  e para salvar un desnivel que hai entre o monte e un pequeno outeiro.

…..   Pensei que tería mais anos, pero según me conta, seica se fixo despois da guerra civil, e o señor que o fixo, un tal Señor Manuel, fai uns trinta anos que finou.

…     Así que pódese dicir, que aínda non é un acueducto centenario.

…     Moi preto dél, hai un muíño restaurado, e un pequeno regueiro que non teñen nin gota de auga. Seguramente por mor de que son uns montes completamente repoboados de alcolitros dende fai anos. Xa sabemos da sede que ten esta casta de árbores invasores.