DECLARACIÓN DE INTENCIÓNS, SOBRE O MACHISMO NA NOSA MÚSICA TRADICIONAL. .. Dun tempo a esta parte, parece que dende certos círculos estremistas, tentan cambiar a nosa tradición musical tachandoa de machista… Así, sen mais, e coma quen non quere a cousa!! .. – Parece que molestan as estrofas dos curas maila criada. .. – Non se entenden moitos dos cantares e romances de cego que falan de amoríos. .. – Censúranse estrofas de Muiñeiras, Alalás, Parrafeos, etc. .. – Aborrécense cantidade de certas regueifas. .. Grupos de música, e músicos en xeral, cambian as estrofas dunha cantiga, porque algunha persoa malencarada, tachounos de machistas ó baixar do escenario. .. A min, xa fai anos na Radio Galega, unha moza duns vinte anos, díxome algo tan absurdo, como que a cantiga do mandil da Carolina era machista porque realza unha prenda de vestir, que simboliza a esclavitude da muller no rural, sen saber nin siquera, que a cantiga fala dunha saia e non dun mandil, que pro caso é o mismo. Anque se fora a saia, diríame que e un simbolo das violacións nas casas. .. Eu, anque son doutros tempos e doutra cultura, penso que soupen adatarme ben ó andar dos anos. Pero non por eso, vou deixar de cantar as estrofas que dende certos círculos tachan de machistas. Xamais o farei! E nunca renunciarei a calquera copla tradicional por moi machista ou feminista que sexa, mal que lle pese a quen lle pese. .. A tradición musical, no meu pequeno entender, non é unha foto fixa do que había hai 100-150 anos e da que dís gústame ou non. A tradición musical é un ente tan vivo como o pobo que a vivíu e vive. .. Se un pobo, non se sinte identificado con ela, como pasa niste caso, ésta non ten sentido. As tradicións musicais deben ir cos tempos, coidalas e respetalas, e se se cambian deixan de ter sentido, e convertiranse en folclore. .. Que “O paraugas do Xosé” ten contido machista? Pois claro. E a “Lista de Schindler” contido fascista. Que facemos, queimámos as partituras e cintas dún e outra? E que facemos, con Les Lutriers por decir “Los coros de novicias, se miran pero no se tocan” .. Así que, como xa dixen, seguirei cantando ata que morra, todo tipo de cantigas tradicionais, mal que lle pese a tantos e tantas aprendices de Manuel Fraga. Dictador e censor durante moitos anos, dende aquel famoso Ministerio de Información e Turismo. … E xa para rematar, aí van unhas estrofiñas do “Latín Canteiro” (Verbo xido) moi… pero que moi machistas:
O pinrelo foi ó monte, con gañas de carifaixo, e alá entre unhas uzes, puxo a pinrela por baixo.
O piruleiro vai alto, o Xarabelo nun ven, a culpa é da cañeira, que o cañeiro non a ten.
A pulenca do sinfoso, sinforosa cantu quer, sinforosa contra a nitra, como se lintra á muller.
Pola noite na zingada, eiche botar unhos purrios, i eiche deixar a estrabela, colorada coma os murrios.
Verbo xido miña purria que intervas por areona, eiche de anisca-los currios, e pindarche na morrona.
.. Cando ós 10 anos, viñen para Pontevedra facer o “bachiller” aquel que se facía daquelas, fun dar ó colexio “Inmaculada Concepción” de Pontevedra. Un cole que parecía mais un reformatorio ca un cole. Habia un par de profesores que che daban tundas ata por respirar. Prohibían falar galego, e ata ir con zocos á clase.
.. Solo botei dous anos alí.
.. Rematei indo pro Sanchez Cantón, onde un conserxe de Salcedo, o Señor Andrés Castro, que tocaba a guitarra, fíxose amigo meu e prestoume un libriño, o primeiro libriño que lin naquela lingua coa que nacín, pero que non me deixaban falar.
.. O libriño era “Cantares Gallegos” de Rosalía.
.. Aquilo, foi mel pros meus ollos, e o primeiro libro dunha fermosa colección diles que teño no meu idioma.
.. Cando o lín e quixen volverllo, díxome que me quedara con el.
.. Non sei cantas veces o lin dende aquelas, e non sei cantas veces volverei a facelo… pero para min, Rosalía, sempre será o referente da miña lingua e da miña cultura!
.. Sentín tal respeto por ela, que nunca me atrevín a musicar un poema seu ata fai un par de anos que o fixen co poema “A xustiza pola man”
.. Paréceme un poema moi duro, pero tamén, dos seus poemas mais fermosos. Musiqueinopor mor dun concerto que din en Vigo, e agora grabeino, para subilo á miña canle de You Tube.
.. Espero que vos guste, e tamén vos pediría que o compartades.
.. Bo día para todos, e feliz día das Nosas Letras.
.. Celebradeo, celebrade a todos nosos escritores, e por riba de todos eles, á poetisa luguesa Xela Arias, a quen vai dedicado este ano.
…………..
.. No segundo libro de “Follas Novas” atópase este fermoso poema, onde Rosalía conta a vinganza dunha muller, que despois de pedir xustiza en balde, decide tomala da súa mau, dando morte a quen a ofendeu.
.. No poema, non dí a clase de delito que cometeron “os raposos de sangue maldita” pero si dí, que lle fixeron un leito de toxos e silvas, racháronlle a roupa, e roubáronlle a brancura, polo que da a entender unha violación.
.. Pero mais adiante, tamén fala de que que lle queimaron a casa, e que os seus fillos morreron de fame, polo que, amais dun posible delito de violación, hai outros mais engadidos.
.. O que si deixa claro Rosalía, é o resentimento, o odio, e o desexo de vinganza da muller perseguida.
.. Eu permitinme a licenza de escoller solo os versos nos que se pode dar a entender un caso de violación, e musiqueino fai un par de anos, para cantalo nunha asociación de mulleres vítimas de violencia de xénero.