ELOY VAZQUEZ – Músico


ELOY VAZQUEZ
Músico medievalista multiinstrumentista, vinculado ao mundo da música dende os oito anos, que cursou estudos no Conservatorio de Música da Coruña, e formou parte de varios grupos e agrupacións, como a Agrupación Musical Albéniz da Coruña, a Coral Polifónica O Eco, e que traballou como director durante tres anos do coro da súa parroquia.
Gravou dous discos, o primeiro en 1978 coa discográfica Novola-Zafino nos estudos de Madid, con Xosé Quintas Canella, de 12 cantigas de estilo medieval no que estivo ao cargo dos arranxos musicais e de 10 instrumentos, incluíndo tamén melodías propias ás citadas cantigas. O segundo disco foi gravado nos Estudos citola da Coruña, en decembro de 1982, coa Agrupación Musical Albéniz, agrupación da que foi instrumentista durante 18 anos. Este segundo disco contén tanto música clásica como galega.
Segue investigando preferentemente na música medieval, facendo versións de cantigas medievais como as Cantigas de Santa María de Alfonso X El Sabio, así como compoñendo pezas propias neste mesmo estilo, que interpreta con instrumentos da época como citola, dulcimer, zanfoña, laúde, frauta, mandolina, clave e percusión, empregando un gravador multipistas.
Dende comezos do ano 2013 presenta un espazo de música folk en Radio Oleiros.

2 thoughts on “ELOY VAZQUEZ – Músico

  1. Moitas grazas amigo José por poñer a miña biografía no teu blog. Xa vexo que puxeches o meu último tema “Camiño de Compostela”. Moi boa elección, hai que promocionar o noso Camiño de Santiago e a nosa terra o máis posible. Grazas de novo, e unha forte aperta!!!

Deixar un comentario