COUSAS QUE PASAN NAS CARBALLEIRAS.

COUSAS QUE PASAN NAS CARBALLEIRAS. 

.      Cóntovos o que me pasou fai uns días nunha carballeira dunha vila preto de Pontevedra.

Non vou dicir o seu nome por respeto á señora que fai que vos conte esto.

    Cheguei coma sempre arredor das sete da maña coa miña guitarra a esta carballeira, xunto cos consabidos bocata e botelliña de viño.

.      Estiven tocando e escribindo ata as dez e media mais ou menos. Pero o día antes, trasnoitara por unha cena cuns amigos músicos, e empezaron a pecharseme os ollos. Así que collín unha mantiña que teño no coche, e funme para un prado que está o lado da carballeira onde daba a sombra.

.      Neste prado xa hai mais fentos dun metro de altura ca herba. Así que arrinquei uns cuantoss, extendín a mantiña (que roubei nun voo por certo, cando nos avións che daban unha mantiña para taparte) e deiteime enriba dela ó fresco. Pouco tardei en quedarme durmido co sono que me entrara.

..     Pero vai ti ver que despertoume un ruído non sei moi ben de qué. Erguinme lixeiro coma unha chispa para ver que carallo era aquello. Mirei o meu redor, e atopeime rodeado de moitas ovellas e cabras.

 .     A dona do rabaño, estaba sentada nunha pedra na entrada do prado, e cun paraugas negro aberto, xa que onde estaba ela, petaba ben o sol. Tan pronto me víu aparecer entre os fentos, tirou co paraugas e botou a correr pedindo socorro. Pero como a carballeira e algo encostada e a señora debía andar polos oitenta anos (despois díxome que tiña 83) logo parou, xa que eu berráballe cousas como:

    – Por favor señora, non berre mais que son de confianza!! Quedeime durmido aquí!! Fíese de min!! Por favor non se asuste!!

.      Menos mal, que non había ninguén naqueles intres na carballeira, porque de seguro que chamarían á garda civil polos berros da señora.

.      Ela, non estaba moi convencida. Funme achegando pouco a pouco xa que estaba toda desconfiada, e contáballe que son músico, que estaba alí tocando pero entroume o sono. Que aquél coche que estaba alí era o meu, e que tiña a guitarra dentro. Xa non sabía que decirlle para que se tranquilizase… cousa que conseguín o cabo dun bo anaco de tempo. Fun ó coche, collín a guitarra e canteille unha cantiguíña que fala da carballeira.

    Entón si. Entón achegouse onda min, sentouse o meu lado nunha das mesas que alí hai, e estivemos a contos e cantando algunha cantiguiña mais ata as dúas.

    Confesoume que pasara moito medo en canto me víu aparecer entre os fentos. Pero acetou as miñas disculpas, e quedamos tan amigos.

    Tanto foi así, que díxome que pola tarde fora á súa casa, que estaba o seu fillo, e que tiña un viño moi rico e xamón e chourizos, e que levara a guitarra que seica lle gusta moito cantar.

    Aceteille o convite, pero outro día, pois xa me iba para casa despois de comer o bacadillo que levaba, e beber o viño que tiñá alí.

    Así son as nosas nais e avoas… desconfiadas ó comenzo, pero moi afables en canto conversas con elas, e capaces de darche todo o que teñen.

    Moitas grazas señora. E de verdade que ireille tomar ese viño e ese xamón que me ofreceu non tardando moito.

    A miña aperta mais grande de hoxe, vai para vostede.

O POZO DAS LANDRAS (Maceira)

O POZO DAS LANDRAS (Maceira)

      No meu paseo de fai uns días polo suído, e na parroquia de Maceira, do outro lado da ponte por onde baixa o rio para a praia fluvial, hai uns penedos enormes, que fan que o río baixe en fervenza, ata chegar mesmo á ponte, onde hai un remanso fondo antes de chegar á área recreativa. A erosión e as fochancas que fixo a auga niles, son impresionantes.

Pois ben. Iste remanso, que foi un enorme pozo ata fai uns anos, coñécese coma “O pozo das Landras”

      Contoumo,xa fai uns anos, o señor Manuel Barcia Vázquez do lugar de Portoparada (Maceira).

      Antes de facerse a ponte actual, había unha pontella de lousas feita sobre dous penedos enormes que facían de embudo á auga do rio, e había un pozo no que se formaba un remuíño moi grande.

      Pois ben. Todas as landras das inmensas carballeiras que había no curso río arraiba, e cando chegaban as primeiras choivas do outono, barrías cara o río, e paraban no remuíño da pontella.

      Contábame, que alí, naquel pozo, xuntábanse toneladas de landras. Os veciños, seica poñían na punta dun pau un saco con un aro na boca para pillalas, e así, axudar á ceba dos ranchos da casa. A inchenta de landras seica duraba uns cuantos días dos choivosos outonos de antes.

      Cando se fixo a carretera nova, dinamitaron as dúas rochas que formaban o embudo, baixou o leito do río, e desapareceu moita da fondura do pozo xunto co remuíño.

      A día de hoxe, as landras seguen baixando en moita menos cantidade, ó ir cortando as caraballeiras para prantar alcolitros, xa non se deteñen alí, e seguen o seu camiño polo río Tea cara a Mondariz.

      O meu agradecemento ó señor Manuel por contarmo.