ROMANCE PRA DOUS GARDAS DE TRAFICO


ROMANCE PARA DOUS GARDAS DE TRAFICO

 

Veño a relatar señores,

un suceso acontecido,

na autopista que nos leva,

dende Pontevedra a Vigo.

 

“Non por moito madrugar…”,

Di un refrán con razón,

e máis, no caso que conto,

e do que fago mención.

 

Arrinco pra Balaidos,

un sábado de serán,

coa bufanda no pescozo,

é unha bandeira na man.

 

Pra chegar algo mais cedo,

sendo eu un bó celtista

vou ata ó nudo do Pino,

pra colle-la autopista.

 

E iba cheo de ledicia,

coa bufanda e a bandeira,

entre berros de ¡¡¡Ala Celta!!!,

e cantando a Rianxeira.

 

Nun abrir e pechar de ollos,

chégome a Ponte de Rande

facendo bó eso que dí:

“Coche grande, ande ou non ande”

 

E paso a ponte zunbando,

pois xa me eran muito horas…

Parecía por momentos,

que botaban fume as rodas.

 

O carallo foi que, xusto!

cando se acaba o carril,

no desvio a Redondela,

párame a Garda Civil.

 

– Boas tardes cabaleiro,

seica vai con rapidez,

pois pasou na Ponte ó límite,

nove kilómetros ou dez.

 

– Verán vostedes señorías,

é que levo algo de presa,

que esta tarde o meu Celtiña,

vai xogar cos da Meseta.

 

– Non nos conte as súas penas,

nin diga seus sentimentos,

pois disculpas como a súa,

escoitámolas a centos.

 

E amais pra súa desgraza,

ó saber que vai pra Vigo,

direille que estes  axentes,

son socios do Deportivo.

 

¡¡ Cajo no demo de Soria !!…

Sin palabras me quedei…

metin a man na carteira,

pra ensinarlles ó carné.

 

Eso sí, moi caladiño,

e aceptandolles a multa,

o pensar que se falaba,

denunciábanme por “Ultra”.

 

E mirade vós que as cousas,

nunca son o que aparentan,

pois ríndose un cara o outro,

isto é o que comentan:

 

-Siga vostede camiño,

e non nos faga moito caso,

vaia animar ó Celtiña,

pra poder sair do paso.

 

Que sendo nós mais celtistas,

ca os músicos da Roda

desexamos, gane o Celta,

e o Depor que se foda.

 

Eso sí… con sentidiño!

que onde pon que hai que ir a oitenta,

non hai disculpa que vala,

cando se chega ós noventa.

 

– ¡¡ Malo raio que os parta !!

¡¡ Vaia broma mais pesada !!

Si non fose polo Celta,

íbame de muiñada.

 

¡¡¡ VIVA LA JUARDIA CIVIL !!!,

Berreilles pola ventana,

o saber que me aforraba,

todo o soldo da semana.

 

E o partido foi redondo,

e houbo festa en Balaidos

có Celtiña na primeira,

e ó Depor descendido.

 

I este queridos amigos,

foi o feito acontecido

na autopista que nos leva,

dende Pontevedra a Vigo.

Este romance fixeno durante estas vacacións, anque debín facelo hai un par de meses, o malo foi que as ansias de traballo non foron moitas e as ganas de escribir poucas. E agora que o teño rematado, dedícollo a Garda Civil de Tráfico polo bó comportamento que tivo unha parella para conmigo, e pra que vexades que non son tan malos como os pintan… polo menos os que son celtistas!!!. O suceso aconteceu o día do derradeiro partido do Celta en Balaidos e no que logrou a permanencia en primeira e que provocou o descenso do Depor.

Imaxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s