XA SON AVÓ


XA SON AVÓ

          Se vos digo a verdade, agora mismo non sei o que sinto, e aínda que o soubese, non sabería expresalo. Pero podo asegurarvos que me sinto a persoa mais feliz do mundo. Como se adoita dicir nestes casos, quizais dentro duns días e cando me faga a idea de que son avó déame de conta do significado que ten esta palabra e sentireina nas miñas propias carnes.

          Unha das palabras mais fermosas e admiradas por min cara a unha das persoas que mais quixen e que marcou a miña vida, o meu querido avó. E iso que pouco tempo puiden disfrutar del, pois deixounos cando eu apenas tiña 11 anos, pero foi tempo suficiente para que deixara en min unhas lembranzas imborrables e que sempre tiven presentes o traveso distes anos. Era para min como un Dios…era o meu Deus. Sentía verdadeira devoción por el.
E agora son eu o que son avó dunha nena moi fermosa, Nayma. Non hai nada mais fermoso no mundo que ver á propia filla, mirando para ún coa súa filliña recén nacida e espida entre os seus peitos, chorando e rindo ao mesmo tempo e sen ser capaz de decir ni unha palabra, porque nada hai que dicir. A imaxe dio todo por si soa e as bagoas corrobórano. Eses intres perteñecen aos nosos corazóns, ao seu, ao da súa filla e ao meu, ao da súa irmá, ao do seu compañeiro e ao da súa nai.
Que fermoso todo o que acabo de vivir nestes días. Non sei se se lle quere mais ás fillas ou a neta que parece que é un dilema moi espallado entre os avós, e a verdade é que tampouco é cousa que me preocupe moito porque penso que lles vou querer por un igual. Na parte dá súa vida que me corresponda a min, non vai haber diferenza entre fillas e neta. Querereina tanto como as quero a elas, contareille os mesmos contos e cantareille ás mesmas cantigas que lles contei e cantei a elas e chorarei con ela cando toque e riremos xuntos cando cadre, porque é a miña neta, fillamiña filla e sangue do meu sangue.
          Chámase Nayma, acaba de chegar e de facerme o avó mais feliz do mundo.

Sin título

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s