O CANTAR DA MARUXIÑA

O CANTAR DA MARUXIÑA

-Boas tardes, Maruxiña,

vouche decir unha cousa:

si tu me queres a min,

eu non me caso con outra.

 

-Que te quero ben o sabes,

non precisas preguntalo;

hai un ano que che dixen

que me quería casar.

 

-Tu tomáchelo a risa,

pero dígocho de veras,

que ando buscando muller

e non topo quen me queira.

 

-Pois se ningunha te quere,

será porque tu eres malo

ou porque che teñan medo

que non cumples o traballo.

 

-Eu por malo non me teño

e menos por folgazán,

solamente que as rapazas

dicen que son un larchán.

 

-Si cho dicen non se engañan

porque tu eres un babullas;

andas xogando con todas

e non cumples con ningunha.

 

-Todo eso éche mentira,

solo é por pasar o tempo;

tu eres a máis preferida

que teño no pensamento.

 

-Tu non me veñas con contos

porque eu non che fago caso

nin quererme como as outras

pra me faguer outro tanto.

 

-Tu non te fías de min

ieu contigo hei ser formal;

dáme un bico, Maruxiña,

non me fagas rabexar.

 

-Ahora, pídesme un bico,

despois, pídesme un abrazo

e así que pouquiño a pouco

vas entrando no palacio.

 

-Por un bico que che pido,

xa te pos tan enfadada;

¿que farías se che pedira

o que levas con tanta gracia?

 

-Teño un xuramento feito,

que mentras que esté solteira

nin ti nin ningún bribón

me ha ver a chocolateira.

(Da Cega de Aciveiro)

Imagen