CHAMACHEME TRUBISQUEIRA


CHAMACHEME TRUBISQUEIRA

Chamácheme trubisqueira,

herba que o gado non come:

vale máis ser trubisqueira

que muller de ruín home.

 

Chamácheme trubisqueira

á vista de tanta xente

e agora vaime quedar-e,

trubisqueira para sempre.

 

-Costureiriña bonita,

¿onde perdeche o dedal?.

-Foi no fondo da vila,

(foi na costiña de Oimbra)

baixando cara O Rosal.

(Esta cantiga, cantába sempre unha rapaza de Xinzo de Limia,

que era mestra e estaba nun grupo de baile en Vilagarcía, sinto non

lembrar o seu nome. Decía que se cantaba moito pola súa terra e

por toda a zona de Verín)

Imagen

Deixar un comentario