PORTALÉN (Porta do mais alá) .. Onte andiven pola Serra do Cando, e na cima do Seixo, fun dar á Porta do Outro Mundo. .. Según a lenda, os vivos estamos do lado Norte da porta, e os mortos do lado Sur, e di tamén que o que a pasa , ten que volver pro lado Norte e non quedar na parte Sur porque pasaría a formar parte do mundo dos mortos. .. Eu sentín curiosidade, e pasei a porta pro outro lado pra ver se me atopaba por alí con algún amigo dos que xa me faltan, Pero se vos digo a verdade, non sentín nin sentín nada especial, nin me atopei con ninguén. .. Agora eso si. Por se o caso, volvín pro lado Norte. Non fora ser o demo…!! .. Que eu non creo nas meigas, pero habelas, hainas.
Esa leyenda dice que es el día de difuntos o en todo caso en el mes de noviembre, cuando se realiza el ritual…. de todas formas, está dificil escuchar los mensajes del más allá con el ruido de las eólicas.

Totalmente dacordo co dos eólicos. Xunto cós alcolitros, están estragando unha das partes mais importantes do noso patrimonio