A SALA DE REFRIXERACIÓN CELESTIAL

A SALA DE REFRIXERACIÓN CELESTIAL.

..      Como ben sabedes os que fostedes ó catecismo de pequenos, a catequista dicianos sempre que Deus, tiña un reloxo co nome de cada un de nós colgado nas paredes do ceo, e que por cada mentira que contabamos, o reloxo, adiantaba un minuto.

..      Así deste xeito, San Pedro, o día que chegabamos ó ceo, solo con mirar pro reloxo de cada un, sabía a onde tiña que mandarnos. Se direitos o ceo, se pasando antes polo purgatorio, ou de cabeza pro inferno.

….    Daquelas, todos pensabamos que era un conto, xa que non había maneira de comprobar se era certo. Pero agora cos adiantos que temos, pódese conectar vía satélite co Facebook do ceo, e podemos mirar o reloxo de cada ún, para ver como anda a cousa.

…..   Eu, onte instalei unha APP que se chama “O ceo: Pasa que está aberto” e puiden mirar o reloxo de todo o mundo.

..      Así, puiden comprobar, que as agullas dos reloxos de San Lourenzo de Muimenta e Santo Estevo de Cadrón, non se moveron nada.

..      As do Papa, movéronse cinco minutos.

..      As de feijo, xa están preto da hora.

..      E así un por un, e cada un co seu reloxo marcándolle as mentiras.

..      Chamoume a atención un enorme cuarto que pon, “SALA DE REFRIGERACIÓN CELESTIAL” que seica é onde se poñen o fresco, todos os que están no ceo durante o vrao, para miras o televexo, ler, xogar ó dominó, tocar a guitarra, etc. e sen pasar calor ningún.

..      Pregunteille a San Pedro o sistema que tiñan para refrescar semellante cuarto, e contestoume que usaban os reloxos dos políticos como ventiladores.

..      Así mo contou el, e así volo conto eu.