ODA Ó PULPO Á FEIRA

ODA Ó PULPO Á FEIRA
Os que somos da montaña,
e criados na ribeira,
sabemos beber bo viño,
e xantamos pulpo á feira.

Así que avisado queda,
quen me queira convidar’e,
a min non me gusta o pulpo,
en pequena cantidade.

Ben aceitado e picante…
e as talladas ben quentes!!
E anque cocido, algo duro,
pra que rechine entr’os dentes.

E pra acompaña’las racións,
entre tallada e tallada,
lesca de pan de Lalín,
e tinto de Ribadavia.