A TIA CHOLA

A TIA CHOLA
..      Por moi escuro que sexa o día, ó chegar a noite, sempre hai unha luz que te ilumina e te reconforta.
…     Para todos… amigos, veciños e familia, sempre fuches, e serás a tía Chola!!
..      Ata sempre, tía chola… que a terra che sexa leve!!
………
Miudiña como a flor…. ergueita coma un fungueiro.
Amorosa como a seda… pegadiza como mel
Fermosa coma unha rosa… brilante coma un luceiro.
Eterna coma unha estrela… clara coma un bisel.
Sutil como a fariña… dura como un penedo
Aselante coma o moucho… áxil coma uha lebre.
Acolledora coma un berce… suave coma un pincel.
Serea como a calma… lixeira cal anduriña.

Tristura, moita tristura… tristura na ialma miña!

IGREXA DE TOURÓN (Ponte Caldelas)

IGREXA DE TOURÓN (Ponte Caldelas)
..      Se fai uns días, escribín sobre a lenda de Santa Bárbara, imaxe que se atopa na parede traseira da igrexa desta parroquia, hoxe tócalle á igrexa e ó seu entorno.
..      É unha igrexa románica, anque a fachada foi reformada no Século XVIII e parte do campanario fíxose a comenzos do século pasado.
..      O mais chamativo da igrexa, é un escudo incrustado no lateral dereito da igrexa e que corresponde á familia de fidalgos dos “Pazos de Probén”, xa que poucas igrexas teñen un escudo dos fidalgos da parroquia nas súas paredes, anque si tiñan un banco propio a pé do altar, onde se sentaba a familia fidalga, e ninguén mais.
..      Esta familia era orixinaria de Redondela, e parece ser que foi a que dou nome á vila de Pazos de Borbén. Naturais de Redondela, trasládanse a Vigo no século XV, construíndo alí o Pazo-Figueroa, que seica é o edificio mais antergo de Vigo, sede o Instituto Camoens.
..      Diante da igrexa, hai un fermoso cruceiro, cunha caveira e os dous osos na súa base, xunto con unha inscripción. Na traseira da igrexa, debaixo da imaxe da Santa Bárbara, unha pira bautismal, fai de fonte.
..      Pero o que mais chama a atención, é un “caseto-retrete”, totalmente abandoado no adro, facendo esquina co cemiterio.
..      Pola numeración que teñen as pedras, este retrete, foi trasladado ó adro da igrexa dende outro sitio, pero ninguén me soupo dicir de onde, xa que os mais vellos do lugar, lémbrano sempre alí.
..      Todo o conxunto arquitéctonico, fonte, igrexa epalco da música, son diños de visitar.

GRAZAS!!! GRAZAS!!! GRAZAS!!!

GRAZAS!!! GRAZAS!!! GRAZAS!!!

..      O meu blogue, acaba de alcanzar o medio millón de visitas.
..      Quen mo iba dicir a min, sete anos despois de abrilo.
..      E todo, pola terquedade da miña filla Aldara, que insistiu e insistiu pra que o fixera, xa que eu non estaba moito pola labor, pois a nugalla é un dos hábitos cos que intento ser monxe, pra levar a vida tranquiliña.
..      Amais, xa me chegaba ben coa música e os poemas para facer as miñas cantigas, que me tiñan enredado moitas horas ó longo do día.
..      E así, grauciño a grauciño como di o refrán, e despois de mais de 400 artigos, chego hoxe, a onde nunca pensei chegar, porque se vos digo a verdade, pensei en deixalo mais dunha vez, e anque o tiña abandoado uns días, logo botaba de menos escribir nél.
..      E o que me fai sentir mais ledicia é, que o apartado con mais visitas, é o dos meus poemas, cantares e romances, que xunto con eses poemiñas á maneira de odas, que tanto me gusta facer, teñen eles solos, oitenta mil.
Pois nada. Que levaba uns días pendente a que chegara a esa cifra, para agradecérvolo, que din que é de ben nacidos facelo. E hoxe ó erguerme e mirar a cifra de 500.076, cumplo coa miña obriga de facelo.
..      Moitas grazas a todos de novo. Espero e desexo non defraudarvos, xa que seguirei escribindo nél, á espera de chegar ó millón para poder agradecervolo de novo.
..      Unha aperta para todos.