NO CONCELLO DA LAMA

NO CONCELLO DA LAMA
Achegueime á Lama pola primavera,
pra ver pola noite a lúa brilar,
mirar as estrelas dende o alto do Seixo,
e na serra do Cando, a noite pasar.

E na mañanciña, ó romper o día,
baixarei ó río que atravesa o lugar,
e irei a Liñares pra ver a fervenza,
onde o río Xesta, parece brincar.

Pasarei por Xende, ver o Santo Cristo,
e dende as Ermidas podrei disfrutar,
das fermosas vistas do Suído e do Cando,
e do río Verdugo, camiño do mar.

E alá nos mais altos montes do concello,
deixareime levar nun remanso de paz,
por entre os carballos da Ermida dos Prados,
disfrutando dos soños de cando rapaz.

Non me irei da Lama sen ir ó Pelete,
con unha botella e unha cunca na man,
e sentado á sombra do vello carballo,
brindarei polas xentes deste lugar.
……………….
Levo algún tempo indo ós ensaios e tocando co grupo “Catro Ventos” no concello da Lama. Un concello moi fermoso, ó que vou dende fai xa moitos anos.
Antes facíao polos amigos que teño alí, pola miña afición á pesca que me levaba ata Carrizáns, e porque sempre me gustou tomar unha cervexa na de Daniel, un lugar a carón do rio Verdugo, que podería pasar por ser o paraíso do que fala a Biblia.
Agora fagoo, entre outras cousas, pola música.
Destacan deste concello, as súas romarías e lugares enxebres diños de visitar, pero sobre todo, o carballo cinco-centenario do Pelete, coñecido coma “O carballo do viño”, e a súa romaría.
Xa solo o seu asentamento ós pes do monte do Seixo, e coa serra do Cando como abrigo, é unha auténtica beleza, que me fai lembrar á miña aldea natal do Castelo en Lalín, ó pe da Cima da Costa.
Todo esto, levoume fai uns meses, a facerlle un poema, musicalo, e convertilo nunha especie de himno.
O poema, saco á luz hoxe, porque quero metelo entre as poesías do meu blogue.
A cantiga, vai no meu vindeiro disco que sairá a finais de ano, pero seguramente estreareina iste verán, xunto cos meus compañeiros da banda, e alguns convidados mais, que a ben seguro me acompañarán ese día.
Espero que lle guste, alo menos, as xentes do lugar, xa que o fixen dende o corazón e inspirándome no cariño que lle teño a esa fermosa terra e á súa xente.
O poemiña, anque o titulo “No concello da Lama” a cantiga, seguramente se titulará doutro xeito
Unha aperta para toda a xente do lugar, e para todos vós.

O CONCELLO DA LAMA

O CONCELLO DA LAMA.
..      Levo algún tempo indo ós ensaios e tocando co grupo “Catro Ventos” no concello da Lama. Un concello moi fermoso, ó que vou dende fai xa moitos anos.
..      Antes facíao polos amigos que teño alí, pola miña afición á pesca que me levaba ata Carrizáns, e porque sempre me gustou tomar unha cervexa na de Daniel, un lugar a carón do rio Verdugo, que podería pasar por ser o paraíso do que fala a Biblia.
..      Agora fagoo, entre outras cousas, pola música.
..      Destacan deste concello, as súas romarías e lugares enxebres diños de visitar, pero sobre todo, o carballo cinco-centenario do Pelete, coñecido coma “O carballo do viño” e a súa romaría.
..      Xa solo o seu asentamento ós pes do monte do Seixo, e coa serra do Cando como abrigo, é unha auténtica beleza, que me fai lembrar á miña aldea natal do Castelo en Lalín, ó pe da Cima da Costa.
..      Todo esto, levoume fai uns meses, a facerlle un poema, musicalo, e convertilo nunha especie de himno.
..      O poema, saco á luz hoxe, porque quero metelo entre as poesías do meu blogue.
..      A cantiga, vai no meu vindeiro disco que sairá a finais de ano, pero seguramente estreareina iste verán, xunto cos meus compañeiros da banda, e alguns convidados mais, que a ben seguro me acompañarán ese día.
..      Espero que lle guste, alo menos, as xentes do lugar, xa que o fixen dende o corazón e inspirándome no cariño que lle teño a esa fermosa terra e á súa xente.
..      O poemiña, anque o titulo “No concello da Lama” a cantiga, seguramente se titulará doutro xeito
..      Unha aperta para toda a xente do lugar, e para todos vós.
………

NO CONCELLO DA LAMA
Achegueime á Lama pola primavera,
pra ver pola noite a lúa brilar,
mirar as estrelas dende o alto do Seixo,
e na serra do Cando, a noite pasar.

E na mañanciña, ó romper o día,
baixarei ó río que atravesa o lugar,
e irei a Liñares pra ver a fervenza,
onde o río Xesta, parece brincar.

Pasarei por Xende, ver o Santo Cristo,
e dende as Ermidas podrei disfrutar,
das fermosas vistas do Suído e do Cando,
e do río Verdugo, camiño do mar.

E alá nos mais altos montes do concello,
deixareime levar nun remanso de paz,
por entre os carballos da Ermida dos Prados,
disfrutando dos soños de cando rapaz.

Non me irei da Lama sen ir ó Pelete,
con unha botella e unha cunca na man,
e sentado á sombra do vello carballo,
brindarei polas xentes deste lugar.

 

O PAN E A SÚA BENDICIÓN

O PAN E A SÚA BENDICIÓN

.. Cando era cativo, o único pan que tiñamos, era o que se facía na casa: De broa e de centeo. E ó de broa, tamén se lle misturaba centeo porque se non, a masa feita con millo solo, non pegaba nin con cuspe.

.. O único día que se comía pan trigo na casa, era polo día da festa. Ese día era o único do ano en que se comían tistés de tenreira e pan trigo. Amais cando ibamos á feira cos nosos pais, e comiamos o pulpo.

.. O pouco trigo que se sementaba daquelas, era pra vendelo na feira e mercar outras cousas de mais necesidade.

.. Na miña casa paterna de Muimenta, tiñamos panadería. E lembro que viña a xente da aldea, cun saquiño de trigo pra facer un molete de pan o día antes da festa.

Pois ben. Eu non sei se é polo tanto que comín de cativo, que agora, nono podo ver diante. Prefiro pasar sen pan, a comelo de centeo. E debe ser o pan de moda, porque agora, a meirande parte do que se fai, é de centeo. Xa sea solo, ou misturado con semente de ldiñaza, noces, uvas pasas, etc.

..  E agora, aproveitando de cando se facía o pan na casa, tamén me lembro de cando se amasaba a fariña e poñíase a levedar na artesa antes da fornada, a relixiosidade dos nosos ancestros, levaba a que unha vez feita a masa, e antes de tapala cunha manta de liño para que non enfriara, facíaselle unha cruz (nalgúns sitios, tres) na parte de riba da masa, ó tempo que se decía a seguinte letanía: ”San Mamede te levede, San Vicente te acrecente e san Xoán te faga pan”

..  Despois, cando se facían os moletes para metelos no forno, a parte da masa na que tiña dibuxada a cruz, sempre quedaba pro lado de riba. E unha vez cocido o pan, e cortado enriba da mesa, os anacos, nunca se poñían coa corteza pra baixo porque era pecado.

Aquel si era pan. Un pan que sabía o mesmo o día que se facía, que catro días despois.

UNHA CERVEXA EN CARITEL

UNHA CERVEXA EN CARITEL

Indo no antronte prá Lama,
metéuseme na cabeza,
parar alá en Caritel,
pra beber unha cervexa.

E a señora moi amable,
ó mirarme antoxadizo,
deume un anaco de pan,
e unhas lescas de chourizo.

Foi cousa de tanto aprecio,
que despois de agradecerllo,
proseguín o meu camiño,
asubiando coma un merlo.

Que non hai nada millor,
pra sentirse complacido,
que ir toca-la guitarra,
ben comido e ben bebido.

DÍA DAS NOSAS LETRAS 2021, NA HONRA DE XELA ARIAS

DÍA DAS NOSAS LETRAS, NA HONRA DE XELA ARIAS!!

..      Cando ós 10 anos, viñen para Pontevedra facer o “bachiller” aquel que se facía daquelas, fun dar ó colexio “Inmaculada Concepción” de Pontevedra. Un cole que parecía mais un reformatorio ca un cole. Habia un par de profesores que che daban tundas ata por respirar. Prohibían falar galego, e ata ir con zocos á clase.

..      Solo botei dous anos alí.

..      Rematei indo pro Sanchez Cantón, onde un conserxe de Salcedo, o Señor Andrés Castro, que tocaba a guitarra, fíxose amigo meu e prestoume un libriño, o primeiro libriño que lin naquela lingua coa que nacín, pero que non me deixaban falar.

..      O libriño era “Cantares Gallegos” de Rosalía.

..      Aquilo, foi mel pros meus ollos, e o primeiro libro dunha fermosa colección diles que teño no meu idioma.

..      Cando o lín e quixen volverllo, díxome que me quedara con el.

..      Non sei cantas veces o lin dende aquelas, e non sei cantas veces volverei a facelo… pero para min, Rosalía, sempre será o referente da miña lingua e da miña cultura!

..      Sentín tal respeto por ela, que nunca me atrevín a musicar un poema seu ata fai un par de anos que o fixen co poema “A xustiza pola man”

..      Paréceme un poema moi duro, pero tamén, dos seus poemas mais fermosos. Musiqueinopor mor dun concerto que din en Vigo, e agora grabeino, para subilo á miña canle de You Tube.

..      Espero que vos guste, e tamén vos pediría que o compartades.

..      Bo día para todos, e feliz día das Nosas Letras.

..      Celebradeo, celebrade a todos nosos escritores, e por riba de todos eles, á poetisa luguesa Xela Arias, a quen vai dedicado este ano.

…………..

..      No segundo libro de “Follas Novas” atópase este fermoso poema, onde Rosalía conta a vinganza dunha muller, que despois de pedir xustiza en balde, decide tomala da súa mau, dando morte a quen a ofendeu.

..      No poema, non dí a clase de delito que cometeron “os raposos de sangue maldita” pero si dí, que lle fixeron un leito de toxos e silvas, racháronlle a roupa, e roubáronlle a brancura, polo que da a entender unha violación.

..      Pero mais adiante, tamén fala de que que lle queimaron a casa, e que os seus fillos morreron de fame, polo que, amais dun posible delito de violación, hai outros mais engadidos.

..      O que si deixa claro Rosalía, é o resentimento, o odio, e o desexo de vinganza da muller perseguida.

..      Eu permitinme a licenza de escoller solo os versos nos que se pode dar a entender un caso de violación, e musiqueino fai un par de anos, para cantalo nunha asociación de mulleres vítimas de violencia de xénero.

A XUSTIZA POLA MAN

Aqués que ten fama de honrados na vila

roubáronme tanta brancura que eu tiña,

botáronme estrume nas galas dun día,

a roupa decote puñéronma en tiras.

Quedei deshonrada, murcháronme a vida,

fixéronme un leito de toxos e silvas;

i en tanto, os raposos de sangue maldita,

tranquilos nun leito de rosas dormían.

-Salvádeme, ¡ouh, xueces!, berrei… ¡Tolería!

De min se mofaron, vendeume a xusticia.

-Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda…

Tan alto que estaba, bon Dios non me oíra.

Entonces cal loba doente ou ferida,

dun salto con rabia pillei a fouciña,

rondei paseniño… ¡Ne-as herbas sentían!

I a lúa escondíase, i a fera dormía.

Mireinos con calma, i as mans estendidas,

dun golpe, ¡dun soio!, deixeinos sen vida.

I ó lado, contenta, senteime das vítimas,

tranquila, esperando pola alba do día.

I estonces… estonces, cumpreuse a xusticia:

eu, neles; i as leises, na man que os ferira.

O ACUEDUCTO DE MIRÓN

..      No lugar de Mirón, que perteñece á parroquia de Tourón en Ponte Caldelas, atópase este acueducto en bastante bo estado de conservación, anque os pectoriles feitos de ladrillo, dan pensar que son posteriores á construcción do acueducto, e que no tempo no que se fixo, tamén eran de pedra.

..      Según me contou unha señora que por alí pasaba, fíxose para traer auga dende unha mina nun monte cercano, ás terras de labradío da aldea,  e para salvar un desnivel que hai entre o monte e un pequeno outeiro.

…..   Pensei que tería mais anos, pero según me conta, seica se fixo despois da guerra civil, e o señor que o fixo, un tal Señor Manuel, fai uns trinta anos que finou.

…     Así que pódese dicir, que aínda non é un acueducto centenario.

…     Moi preto dél, hai un muíño restaurado, e un pequeno regueiro que non teñen nin gota de auga. Seguramente por mor de que son uns montes completamente repoboados de alcolitros dende fai anos. Xa sabemos da sede que ten esta casta de árbores invasores.

 

NO CONCELLO DA LAMA

NO CONCELLO DA LAMA…

..      Hai un pequeno recunchiño moi fermoso, no que é unha ledicia parar, e sentarse a escoitar o son da auga, e o canto dos grilos e dos paxariños.

..      Nél, hai un regueiro cunha pequena pontella, un carballo centenario que naceu e medrou torto, o que o fai moi fermoso.

..      Tamén hai unha fonte cun pilón, e un cruceiro.

..      Chama a atención o cruceiro, con un candil que alumea día e noite, a modo e maneira de cando eramos rapaces, e aínda non chegara a luz ás casas.

..      Nun vaso cheo de aceite, flota unha mariposiña prendida. Chámolle mariposiña, porque é como a coñezo dende pequeno, pero seguro que ten outro nome. É unha base redonda de corcho do tamaño dun Euro, cunha pequena mecha prendida que flota no aceite. De cativos, ós nosos pais, dábannos o vaso con auga e un pouquiño de aceite que flotaba nela pra ir pra cama, xa que o aceite andaba escaso daquelas, e o carburo era mais caro. Este vaso está cheo, polo que supón ter combustible para moitos días e noites.

..      Pero o que mais me chamou a atención foi, que para subilo e baixalo, ten unha pequena cadea, que xira nunha roldana.

..      Na parte traseira do cruceiro, tamén hai un pequeno peto para poñer as velas prendidas.

..      Un recunchiño de paz para visitar pola noita á luz das velas e do candil, e esperar que os da Santa Compaña se acheguen a beber para poder falar con eles.