SAN ANTONIO, SAN GONZALO E SANTA ANA.


SAN ANTONIO, SAN GONZALO E SANTA ANA
     Contan os mais vellos do lugar, que cando Deus repartiu as competencias que lle corresponderían a cada santo, cometeu un erro. Un erro de duplicidade, xa que otorgoulles sen decatarse, as labouras de casamenteiro a dous santos ó mesmo tempo: a San Antonio e a San Gonzalo.
.       O conflicto que creou entre os dous santos, foi tan grande e chegou a tal punto, que cando unha moza lle pedía a un deles pra se casar, o outro sentía tantos celos, que armaban tal regueifa, que ata resoaban os berros na terra.
.       Sabendo Deus do asunto, e sentíndose culpable de semellante desfeita, chamounos ós dous, e tomou unha decisión salomónica: Concedeulle ao San Gonzalo as labouras de casamenteiro das mulleres vellas, a ó San Antonio as das novas,
.       San Pedro, que amais de ser o encargado de gardar as  chaves do ceo coñece todos os idiomas do mundo, é o encargado de escriturar as actas das xuntanzas celestiais, e escribíu o conto en portugués e á maneira dun cantar de cego, deste xeito:

Santo Antônio ficou bravo
onda Deus foi reclamar:
– Em assuntos de noivado,
e casório ao pé do altar,
São Gonçalo ainda acaba
ocupando o meu lugar…
O Senhor sorriu e disse:
– Toniquinho, não esquenza:
Você casa as que têm vinte,
ele casa as de cinquenta.
Você para em vinte e nove,
ele assume até os noventa.
Pois não é que o tal acordo
fez o céu se encher de graça?
Os dois santos se abraçaram
e até hoje, sem pirraça.
Santo Antônio acode a uva,
São Gonçalo, a uva passa.

….    E por eso, esta estrofiña que vou pór de seguido, e que perteñece ao cantigueiro tradicional portugués, non ten moito sentido, xa que ningún dos dous santiños pode meterse nas competencias do outro.

Sao Gonçalo de Amarante,
Casamenteiro das velhas,
Porque não casas as novas?
Que mal te fizeram elas?

     Pero o conto non remata aquí, porque durante a xuntanza, e atopándose Santa Ana presente, xa que era a encargada de que estivesen sempre cheas as cuncas do viño de Deus de de San Pedro, díxo en voz alta e dirixíndose a Deus con todo o respecto: Señor, a min aínda non me dou encomenda algunha. E Deus tan sabio él, metendo o dedo índice na orella e sacudíndoa ben, preocupado porque xa estaban todas as encomendas repartidas, respostoulle:
      – Pois xa está o asunto arranxado miña queridiña Ana. Ti serás a casamenteira das viudas.
.       – De cales señor, das novas ou das vellas…
     – Tanto das novas coma das vellas, que non quero enredos e cometer o mesmo erro outra vez.
     E iste, e non outro, é o motivo polo que San António é o casamenteiro das novas, San Gonzalo o das vellas e Santa Ana a casamenteira das viudas.

– O romance ou cantar de cego, ensinoumo un bo amigo cantor portugués: Toniño Zambujo . Pró conto, inspiroume un dos trasnos que durmen na carballeira da Chan, no Caritel de Ponte Caldelas.

zzz

Deixar un comentario