AS JEDELLAS DO JAITEIRO (Copla de cejo)


AS JEDELLAS DO JAITEIRO (Copla de cejo)

Miren señores que historia,
a que lles vou relatar,
que lles vai dar que falar,
e perdurar na memoria.

A do mellor dos amijos,
que toca a jaita de carallo,
xa sexa na festa dos allos,
dos pementos ou dos fijos.

Un pedazo de jaiteiro!!
o da rúa das Pereiras,
o rei das festas e feiras,
nacido alá no Ribeiro.

Mais ajora, inda por riba,
para maior santo e seña,
deixou medrar a melena,
sen que a muller llo prohiba.

Xa parece aquel cantor,
que cantaba todo afamado:
“Con el pelo alborotado
y las medias de color”

E xa non hai unha persona,
que non sinta admiración,
pola melena de leon,
imitando a unha frejona.

Ten na cabeza un plumeiro,
de raza, tan bó sinal.
que ata os “Ghalos do Curral”
levaríano ó poleiro.

E anque pensedes que non,
pola pinta de lanjrán,
miralo coa jaita na man,
faivos chorar coa emoción.

De jaiteiro non ten precio,
como músico, impajable,
e como amijo fiable,
ten todo o meu aprecio

Polo amor de Deus compañeiro,
vaite á peluquería, anda…
E se non, dille a Yolanda,
que che trasquile o plumeiro.

Despídome a pé do Farelo,
a onde viñen relatar,
deste jaiteiro sen par,
que deixou medrar o pelo.

Pro meu bó amigo Julio González Álvarez, que amais de ser un enorme gaiteiro formando parde dos “Alegres” de Pontevedra, é un pedazo xouman , contacontos e presentador de  eventos, que pra si xa quixeran moitos.
Con todo o meu cariño.

IMG-20190803-WA0033

Deixar un comentario