O LACAZÁN

O LACAZÁN
Contan os nosos vellos, que nunha parroquia de Lalín, había un home que non quería traballar e que sempre decía:
– Eu non nacín para traballar e non traballo.
E dicíanlle os seus veciños que tiñan que aturalo:
– Tes que traballar como fan todos os homes da aldea e non ser tan lacazán.
– Que non traballo, cajonolume!!!
– Pois como non traballes, non comes.
– Pois non como e xa está.
– Pois entón ímoste entrerrar.
– Pois enterrádeme pero traballar non traballo.
Entre todos os veciños compraron unha caixa, metérono dentro, e o home ía moi ledo e cómodo tumbado dentro da caixa cara ao cemiterio.
No camiño atopáronse cun arrieiro que ía levar viño e grao á feira da Agolada. Ao ver aquilo preguntou:
– Como levades aí a ese home.
– Ímolo enterrar.
– Pero se non está morto.
– Pero é que non quere traballar e como non traballa, non ten que comer, e se non ten que comer, pois enterrámolo.
– Pero homes de Deus, diso nada, doulle eu un ferrado de trigo.
O home que non quería traballar ao oir aquilo levantouse da caixa e preguntoulle ó arriero:
– Cocido ou en grao.
-Non, non, eu doucho en grao e cócelo ti.
– Entón que siga o enterro.´
E os veciños enterrárono vivo.