O monte de San Cibrán en Pontevedra, atópase na Parroquia de Tomeza, no lugar de Lusquiños, a un par de km. dá cidade. No seu cumio hai unha ermida na que se venera ao santo, e onde se celebra unha romaría os Luns de Pascua. Ata hai uns anos, xunto coa do San Benito de Lerez, eran as romaxes campestres pontevedresas por excelencia, chegando mesmo a ser festivo medio día para que a xente fose a pé ao monte, para gozar da primeira romaria do ano, onde se ía degustar ademais dunha boa merenda, a rosca de Pascua, e de paso, cumprir co santo como ben marca a tradición.
A imaxe do santo que se atopa na ermida, é unha imaxe moi pequena, aínda que segundo os veciños de tomeza é un santo moi grande de corazón ademais de moi milagreiro, sendo o mellor santo para quitar o mal de ollo e o meigallo dun xeito moi chamativo. Para iso, o penitente, ten que dar nove voltas ao redor da capela e a cada volta completa, botar unha pedra ao tellado, cumplíndose o seu desexo se as nove pedras quedan enriba dél. Para espantar o meigallo das casas, véndense a pé da ermida, uns ramiños de loureiro, herba Luísa, Fiuncho…que se bendícen durante a misa. Segundo parece, debido ao tamaño das pedras que se botaban ao tellado, había que arranxalo despues de cada Romaxe, polo que se decidiu poñer gravilla nunhas cestas nos arredores da ermita, para amortecer no posible os danos. Agora, estas pedriñas forman parte da penitencia pero parece ser que nun comenzo, tiñan como obxeto non trabucarse nas voltas que se daban, e así poder completar as nove sin erro. A romaría, cambiou moito dende hai trinta anos, pois fíxose unha estrada ata o alto do monte e xa non se ven as moreas de mozos e mozas pola rúa da estacion ou polo Marco cargando a cesta coa merenda para subir o monte a pé e pasar alí o día. Agora os romeiros, chegan en coche e xántan nos distintos chigres que se montan para ese día.
O que si, segue a ser un lugar con unha vista privilexiada sobre o val do Rio de Tomeza. Fai uns anos fíxose un mirador, dende onde hai unhas fermosas vistas da cidade de Pontevedra e Figueirido así como todo o val por onde serpentea o rio.