UN FERMOSO DIA DE TROITAS


UN FERMOSO DIA DE TROITAS

Entrei pola porta dentro,
da taberna* que hai no Marco*,
cansado de andar as troitas,
e non mandar ni unha ó saco.

Como as troitas son moi listas,
i eu, á pesca non dou trazas,
pensei alá pros adentros:
¡¡ Voulle mandar unhas tazas !!

Porque as troitas, meus amigos,
como dín alá en Cadrón*,
son igual que os pementiños:
¡Que unhas pican, e outras non!

Fun dereito o mostrador,
saudando ós que alí estaban,
e que miraban para min,
mais pro cesto que levaba.

Algún coa risa entre dentes,
e con certo “cachondeo”,
berrou mirando pra min;
– ¡¡Seica traes o cesto cheo!!

¡¡Veña a sartén señor Pepe!!
Que xa está eiquí o troiteiro,
traia as lescas de xamón,
e unhas follas de loureiro.

Que gracioso o personaxe,
menuda cara que tiña,
mismo parecía un rato,
dos que andaban na fariña.

Contesteille ó individuo
e ós que estaban arredor,
ó ver que tentaban rirse,
diste probe pescador.

– Si tés fame meu amigo,
vai mercar unhas sardiñas,
pois as troitas diste rio,
non pican que son mansiñas.

E achegueime o mostrador,
sin facerlles moito caso.
Pedín unha taza de viño,
e un bocadillo, de paso.

– ¿De xoubas ou patagullos*?
Preguntoume ó taberneiro.
– Fágamo de patagullos,
e póña o molete* inteiro.

E mandeille catro tazas*,
saboreando o seu contido,
e nin siquera as faragullas,
sobraron do bocadillo.

Dei volta coa panza chea,
e erguín ben a cabeza,
amosando o ben que estaba,
anque non pescara peza.

– ¡Que lles vaia ben señores!
dixen como despedida.
E alí os deixei a todos…
a cada cal coa boca abrida.

Taberna* – A taberna do señor “Pepe do Marco” de toda a vida.
O Marco* – Lugar de Pontevedra na ladeira do Monte San Cibrao por onde pasa o Rio dos Gafos, en tempos un rio moi troiteiro.
Cadrón* – Parroquia de Lalín a que eu perteñezo.
Patagullos* – Agullas en aceite e que en bocadillo son mais ricas que as sardiñas.
Molete* – Bolo de pan con pucho.
Tazas* – Cuncas de viño tinto do pais.

UN FERMOSO DIA DE TROITAS

Imaxe

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s