CEGO SI, PERO SÓ DUN OLLO

CEGO SI, PERO SÓ DUN OLLO

As lenguas de doble filo
contáronme fai un pouco,
tremenda historia gaitera,
desas de “ahí viene el coco”

O Señor Don Diputado,
con un séquito aguerrido,
planearon con moito esmero,
un festival divertido.

– Haberá gaiteiros a esgalla,
de todas partes venidos,
e tamén da nosa terra,
dos que son nosos amigos.

E puxéronse a pensar,
de que modo e que maneira,
podían traer aos mellores,
sin valeirar a carteira.

-Dirémoslles que si veñen,
de seguro promocionan,
e si temos boa sorte,
moitos cartos nos aforran.

E mandou seus emisarios,
coa orden de pactar,
cos gaiteiros unha paga,
con esta escusa sen par:

– Custa moito contratarvos,
aos bailaríns e aos gaiteiros,
así que para vosoutros,
non nos chegan os diñeiros.

E ofreceulles moito menos,
do que de cobrar debían,
nin a mitade chegaba,
do pago que merecían.

E foilles vender a “moto”
que por boa causa era,
que ao achegar posturas,
a pena ben merecera.

-Señor de lonxanas terras,
vaia negocio me ofreces,
vaite rañar a barriga,
que outra cousa non mereces.

Esta historia enseñounos,
ben fermosa moraleja,
“O que queira bós gaiteiros
que os pague a tocateja”

Epílogo:
“Viñéchesme ver Rafael,
pensando que me enganabas
son cego… máis só dun ollo!
Nos outros dous non teño nada.

Sin título

CARBALLOS E SOBREIRAS NA PARROQUIA DE BERMES (LALIN)

CARBALLOS E SOBREIRAS NA PARROQUIA DE BERMES (LALIN)

——Hai que ver o pouco senso que lle teñen os veciños de Bermés ó que debería ser un dos bens mais prezados da parroquia, un carballo ó que se lle supoñen entre 450/500 anos. Atópase no adro da igrexa, e aínda que a súa saúde é boa, está esmagado entre dous balados que están a mancar a súa codia, ademais, para afealo un pouco mais, fixeron a un dos seus lados uns nichos e puxeron un taboleiro de anuncios no outro. Non estaría demais que ós que corresponda, se preocupasen algo por el e axeitasen o lugar onde está, pra así poder incluílo no catálogo galego de árbores senlleiras xunto co de Vilatuxe e ó de Soutolongo, os tres grandes caraballos das terras do Deza.

Imaxe

Imaxe

Imaxe
——Por se fose pouco o asunto do carballo, a 500 metros del, no lugar do Vento e collendo a estrada cara a Santiso, a uns 30 metros podemos ver outra árbore moi fermosa e centenaria tamén. Neste caso é unha sobreira con farola incorporada. Parece ser que a farola puxose alí nos tempos en que Cuíña dixo aquello de “se queredes unha farola para alumear o camiño, poñede vós o poste” A algún debeulle parecer que nada mellor que unha sobreira centenaria para poñela. Como a colocación supóñome que foi cousa de Fenosa, levame a pensar que é unha empresa con moita electricidade pero con poucas luces.

Imaxe

Imaxe

Imaxe

Imaxe
——Pero non todo é malo en Bermés, non. Tamén hai cousas moi boas empezando polos veciños, entre os cales medio me conto.
——No camiño que leva a igrexa, e ó carón da carballeira da festa, hai un fermoso carballo no medio dél, e cando se arranxou e asfaltou este, en vez de chimpalo como se fai a maioría das veces, deixarono estar e fixerono ao seu redor. Asi que tamén deixo reflexado o bó facer desta fermosa parroquia.

Imaxe

Imaxe