O CANTAR DA PALMIRA


O CANTAR DA PALMIRA (I)

Palmira, leré, Palmira,

Palmira, laré, tristás;

se queres ver a Palmira

na rúa co seu rapaz,

na rúa co seu rapaz,

na rúa co seu pimpón

Palmira, leré, Palmira,

Palmira do corazón.

 

Se queres ver a Palmira

retratadiña en camisa,

vaite pola calle abaixo

que a leva o retratista.

 

Palmira, leré, Palmira,

Palmira, laré, tristás,

se queres ver á Palmira,

Palmira co seu rapaz,

Palmira, co seu rapaz,

Palmira, co seu pimpón.

Palmira, leré, Palmira,

Palmira do corazón.

 

Se queres ver á Palmira

como baila a muiñeira,

baila cara a sombra dela

detrás daquela bandeira.

 

CANTAR DA PALMEIRA (II)

 

Palmeira miña palmeira,

Palmeira que triste estás,

alá na serra gaiteira,

roubaronche o teu rapaz.

 

Levaron-cho teu rapaz,

leváron-cho teu querer,

agora miña palmeira,

agora que-llas facer.

 

A Palmeira fixo un traxe,

pensando de se casar-

á de gastar aquel e outro

e á de quedar como está.

 

Palmeira miña palmeira

Palmeira que triste estás,

e alá na guerra gaiteira

roubaron-cho teu rapaz.

 

Levaron-cho teu rapaz,

o teu rapaz de pim-pom

Palmeira da miña vida,

Palmeira do corazón.

(A primeira cantaba a cega de Aciveiro

a segunda o Cego dos Vilares o Sr. Florencio.

Cantábana os dous coa misma música

e acompañados polo violín)

P CANTAR DA PALMIRA

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s