DEIXE O MUNDO COMO ESTA


DEIXE O MUNDO COMO ESTÁ

        Viñan o cura e o sacristá de facer un enterro dunha parroquia allea, e como se lles fixo tarde pararon nunha casa de comidas pra xantar, pero como os cartos eran poucos pediron unha ración de carne con patacas para repartir entre os dous.

Cando o taberneiro puxo a fonte na mesa, puxo a coa carne pro lado do sacristá e as patacas pro lado do cura. O decatarse o cura de tal cousa quixo poñer a carne pro seu lado e empezou a explicarlle o sacristá do misterio da rotación do mundo, e para explicarllo mellor comenzou a mover o prato de tal xeito que deixou a carne pro seu lado mentras decía:

-¿Velo? Así é como xira o mundo.
Pero o sacristá que entendeu o xogo, moveu o prato do outro xeito volvendo a carne pro seu lado e decindolle ó cura:

 -¡Deixe o mundo como está ou féndolle a testa!

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s