A HISTORIA DE MANUEL DO CAMPO
Si queren oíla, ireilles contando
a vida privada, de Manuel do Campo.
O Manuel do Campo, como era moi listo
saliu retratado, nas caixas dos mistos.
O Manuel do Campo, cando era pequeno,
á primeira moza, deixouna cun neno.
E cando era novo, foi tunar a Mieres,
e volveu pra casa, con sete mulleres.
E Manuel decía: eu que vou facer,
que sete mulleres, n-as podo atender.
E morreulle unha, pero el non ten pena,
porque ainda lle queda, a media docena.
Pasou algún tempo, e entre unhas e outras,
de fame e disgustos, morreronlle todas.
Correuse a sonado,qué lles facía,
Buscou e buscou, e ningunha o quería.
Non poido vivir, así deste xeito,
qu-eu a dormir solo, non estou afeito.
E tiña unha burra, tan feita e tan linda,
que a considera, como da familia.
E dixo Manuel, vou a onda do cura,
que si me autoriza, cásome ca burra.
E díxolle o cura: ¡Que o demo te vexa¡
eu non che autorizo, a burra na Iglesia.
Díxolle Manuel: elle a miña sorte,
si non é na Iglesia, cásenos na corte.
Prepara o presebre, para a cerimonia,
e tés que ir vestido, cunha albarda nova.
Mire señor cura, por eso non seña,
que non hai casado, que albarda non teña.
E díxolle o cura: Para cousa ir ben-he,
hai que preguntarlle a burra tamén-he.
E dóxolle a burra, eso si que non,
teño outro mais guapo, na corte de Antón.
Eu ben o conozo, a ese galopín,
non creo que sea, mais burro ca min.
E díxolle a burra: non presumas tanto,
si non é tan burro, ten outros encantos.
Dame un bico, burra, qu-eu sei que me queres,
e non estou disposto, a que me desprecies.
Contestoulle a burra: ti que eres tan guapo,
bícame, se queres, debixo do rabo.
E Manuel, celoso, e cheo de furia,
colleu o coitelo, e matou a burra.
Despois de facelo, botouse a chorar-e
¡¡ Eu a miña burra, n-a poido olvidare !!
Adios miña burra, miña compañeira,
mañá te levaba, co millo á feira.
Contestoulle a burra: ¡Tócate o carallo!
o millo, se queres, lévalo no carro.
E a burra de morta, rejañaba os dentes,
e iba decindo: ¡Adeus meus parentes!
E a burra, de morta, levantaba o rabo,
e botaba “flores”, pra Manuel do Campo.