A CEGA DE ACIBEIRO


A CEGA DE ACIBEIRO

          Non me lembro moi ben do ano, pero foi a finais dos setenta ou comenzos dos oitenta cando a coñecín. Un amigo de Soutelo de Montes que tiña unha camioneta dedicada o transporte en Pontevedra, díxome un día:  Oes, tés que vir ata feira de Soutelo, que hai alí unha cega que canta e toca o violín que é unha ledicia.

          E así foi. Na súa camioneta fomos un día á feira, pero non a de Soutelo, fomos a outra moi boa e xa desaparecida como tantas outras, que se facía na parroquia de Cachafeiro, nunha carballeira entre a carretera que vai de Forcarei a Soutelo e a carón do Río da Freixeira.

          Alí estaba co seu violín e coa súa voz carrasposa sentada nun tallo e arrimada a un carballo cantando as súas cantigas. Quedei prendado dela, de cómo tocaba o violín, da maneira que cantaba e dos seus cantares. Era a cega de Aciveiro.

          Debia de ter uns sesenta anos e ninguén sabía moi ben como se chamaba, Marisa ou Adoración decían, pero todo o mundo a coñecía como “a cega”. Vivía soa nunha casa que tiña só as catro paredes e o teito, e que fora unha corte das ovellas. Alí no chao sobre unhas táboas, tiña un xergón de lá, e na outra parede a lareira. Vivia da caridade dos veciños que lle daban do que colleitaban na horta, ademais de levávanlle o xantar feito algunhas veces. Según contaban os mais vellos, chegou alí escapada do hospicio de Pontevedra facía xa uns anos, e ó ser cega, daríalles tanto traballo que nin sequera fixeron por buscala.

          Debeu de ser moi fermosa. Tiña un perfil adorable baixo o seu pucho de palla, pero a súa cara, delataba o desgaste producido polas grandes inxestas de viño tinto. Teño tres fotos dela que non vou enseñar a ninguén, porque non deixan ver o verdadéiramente bó dela, que era o seu corazón.

          Cantaba ata a hora do xantar para xuntar algúns cartos nunha lata de pemento que poñia diante súa, e entre cantiga e cantiga, sacudía ben para que o seu són chamase pola xente e soltara algunhas cadelas. Despois sempre había alguén que a convidaba a xantar o pulpo e a beber viño. Pero o peor, viña despois do xantar, porque os homes para certas cousas somos moi bestas, por non decir outra cousa, e había que facela beber unhas cuantas cuncas de viño que ela bebía como si fose auga, pra que bailase ata caer de cú e así poder pasar un bó serán de risas a súa conta.

          Non falei con ela ata unhas feiras despois en Soutelo. Aquel día o meu amigo do camión mais eu, convidámola a xantar no Restaurante Montes de Soutelo, e despois leveina eu a súa casa (o de casa, é un decir)

…………Pedinlle que me cantara as cantigas que soupera, porque quería ter a letra para cantalos eu, e ela non tiña coplas escritas pra vender. Non tiven que insistirlle moito. En total doume a letra de 17 romances e cantares. Despois, seguina durante tres ou catro anos polas feiras a onde a levaban os veciños, xa que ela non tiña en que desplazarse… nin podía!. Sempre estaba na de Soutelo, Cerdedo e Cachafeiro, tamén algunhas veces na de Vilatuxe onde se sentaba a carón dun vello carballo que hai na estrada que leva á Cruz da Grade. Eu tentei de traela a Pontevedra algunha vez cando a feira do gando se celebraba a carón do Rio Lerez e se facía o mercado na Plaza Barcelos pero nunca quixo vir nin me decía porqué-  A min, dábame que seguía pensando no hospicio.

           Uns anos despois empezou a estar moi mal, e xa non saía para ningún lado. Coidaban dela dúas veciñas, eu algunha vez de camiño pra Lalín, leváballe unha empanada de polo da Panadería Vilela que lle encantaba e papaba con boa ansia  e mentras o facía, cantáballe un par de cantigas das súas coa zanfona e que ela decía que saboreaba como música celestial polo son que tiña aquel aparello que sonaba coma un violín pero que non o era.

          Cando o Concello e Xan das Canicas comenzaron os trámites para ingresala no Asilo de Pontevedra, foise. Eu entereime o mismo día do enterro pola mañá, estaba en Lugo e chamoume un amigo concellal de Cerdedo. Collín o coche e cheguei pouco antes do entrerro no que só había unha ducia de persoas nun día deses pechos de nevoa no Candán, que mesmo parecia que Deus o fixo adrede pra acompañala na triste despedida. Eu tiña unha guitarra no coche e pregunteille ó cura si lle podía cantar un romance e díxome que sí. Fun a por ela e canteille a súa cantiga mais fermosa “Perdín a vista, querido”  con toda a tristura que eu sentía naqueles intres, ó lembrarme do talento e a cultura que tiña agochada aquela muller que viviu na miseria e da caridade dos demais.

          Nunca a esquecín, nunca a esquecerei, e non me cansarei nunca de dar as grazas por coñecela. A día de hoxe e de cando en vez, sigo cantando aquelas pezas tan fermosas que me ensinou.

…………Pra sempre miña amiga. 

sin-tc3adtulo3

Advertisements

6 thoughts on “A CEGA DE ACIBEIRO

  1. Fantástica, fermosa e maravillosa narración historia, exposición fabulosa e magnifico relato con fundamento real na vida da “CEGA DE ACIBEIRO”, de extraordinaria e magnifica a calificación das letras das suas cantigas, beleza que podese percibir polos sentidos e un Desexo

  2. Moitas grazas Paco Otero.
    Unha ledicia saber que siguen a gustar estes cantares e romances. Esta muller facíase querer, magoa o do alcohol. A maneira que tiña de cantar estas cousas era moi especial. Espero e desexo que os rapaces que están nos conservatorios de música tradicional sigan cantandoas para que non se esquezan, polo meu lado farei todo o posible porque así sexa pois son un namorado desta música e de todo tipo de tradición oral. Teño como uns 500 cantares, romances e cantigas recolleitos e vouos publicar todos no meu blog. Dos que sei a música tamén poño a partitura e dos que non só a letra.
    Unha aperta.

    • Luz, para que a tristura non qudase ahí, Chano Piñeiro iba facer un corto sobre da súa vida ó que lle iba poner eu a música pois él tamén a había coñecido e levaballe o xantar moitas veces pois vivía o seu carón, pero a desgraza quixo que morrese cando andaba co proxecto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s