ANGEL ESTÉVEZ CASAL

ANGEL ESTÉVEZ CASAL

        Fai hoxe dous anos, que D. Angel, presentou o seu poemario “A casa que me mora” no museo Torres na vila de Marín.

        Alí estivo, acompañado dos seus veciños e amigos, contando uns contos dises que solo os nosos vellos saben contar, e léndolles uns poemas do seu recén estreado libro.

        Un amigo común, Josean Pazos, pedírame uns días antes, se podía musicar un dos poemas para cantarllo na presentación do libro, cousa que fixen sen pensalo duas veces, xa que o poemario, estaba dedicado ás nosas aldeíñas, e entre todolos poemas, había un que me encantou xa a primeira vez que o lin: “O Lugar”

        O poemiña está dedicado a súa aldeíña, pero tan ben descrita, que podía ser reflexo de calquera das nosas.

        Botei mau do piano, en nun par de días, tiña a cantiguiña feita. Con tan mala sorte, que o día da presentación, eu cantaba xunto a uns amigos en Quiroga, e se chegaba a Marín, iba ser a cousa moi xusta, como a sí foi. Cheguei coma quen di, os postres, pero previndo o que podía pasar, uns días antes, grabara a cantiga nos estudios do amigo Juan José en Campelo, para poñela no museo durante o acto.

        Anque bueno, non me preocupou moito, porque días despois, o poemario, íbase presentar tamén en Bueu, Cangas e Moaña, e nesas vilas, si que lla cantaría.

        Pero a vida, nunca é coma un pensa, e Don Angel, que por aqueles días, xa non andaba moi ben, e a súa saúde nono deixaba vivir como debía, deixounos pouco tempo despois, sen tempo a mais nada.

        Mariñeiro de toda a vida, Don Angel, nos intres de lecer, tanto no barco coma en terra, dedicouse a escribir poemiñas, que era a súa gran paixón. Tiña unha boa colección, e unha neta súa, foi a encargada de poñer orden nos seus papeis, e editar un manoxiño deles, que son os que forman este libriño.

        Lembro aquel día con moitísima ledicia, porque anque cheguei case ó remate, deume tempo a escoltar, como Don Angel, para despedir o acto, cantou xunto cos seus veciños algunha das cantiguiñas que cantaban de pequenos polas corredoiras e congostras da aldea, e para min, non hai cousa mais fermosa que escoltar cantar ós nosos vellos. Eso si, caladiño, para escoltar o ben que o fan,e aprendendo deles ó mesmo tempo, porque ninguén canta a nosa música tradicional como eles o fan.

        Don Angel Estévez Casal foise, pero o seu libriño, o seu recordo e a súa cantiga, adormiñan na miña casa.