O BALNEARIO DA PONTE VILARIÑO


Fermoso documento sobre a inauguración e declive do balneario, no blogue “Aquam Latam” de Manuel Busto Galego.

BALNEARIO DE CALDELAS DE VILARIÑO (AGOLADA): INAUGURACIÓN E DECLIVE

 En 1963 Manuel Galego Iglesias actuou como fotógrafo e como correspondente do Faro de Vigo dándonos conta da inauguración do Balneario de Caldelas de Vilariño, á que asistiran o propietario do mesmo, D. Antonio Vilariño Vázquez, o Xefe Provincial de Sanidade, D. Julio Casal Castro, acompañado dun químico, D.Juan Ugarte Pollano e o médico-director do balneario, D. Enrique Barcala Loureiro. Previamente as instalacións foran bendicidas polo párroco de Vilariño, D. Manuel Diéguez Diéguez.

O edificio que alberga o manancial e o pavillón de duchas e salas lucían recén remozados. Este manancial foi cualificado e recoñecido como auga mineral o 12 de decembro de 1958 pola Dirección General de Minas. No orde terapéutico foron recoñecidas como augas mineromedicinais pola súa condición acratopega, intensamente alcalina, bicarbonatada sódica e sulfurada, rica en fluoruro sódico e en ácido metasilícico, segundo as análises da época.

O edificio posuía varias salas con bañeiras en dependencias alicatadas.
Igualmente había salas de chorros e consultas.

Vista do corredor central do pavillón principal.

 Nestas imaxes vemos ao propietario, o médico e as autoridades provinciais de Sanidade, o día da inauguración.

O balneario funcionou como tal desde 1963 ata os inicios dos anos 70. Descoñecemos as razóns que provocaron o seu peche. Desde entón os edificios foron abandonados e o declive  e deterioración foron sumándose inexorables.
Estado actual do pavillón central.
O balneario está situado na parroquia de Vilariño, moi preto do río Arnego e da actual Ponte Vilariño. O Arnego posúe outras dúas resurxencias  de augas caldas, unha en Ferreiroa na zona de Paizás e outra preto da Ponte dos Cabalos.
Construción que alberga o manancial, completamente absorbida pola vexetación na actualidade.
O pavillón da fonte presentaba este estado o pasado sábado.

A fonte segue a manar augas caldelas, é dicir mornas, temperaturas que seica oscilan entre os 20 e os 30ºC.

 O pavillón central visto desde a caseta da fonte.

Interior e salas en completo abandono e ruína.

Artículo remitido por Manuel Galego Iglesias a Faro de Vigo o 28-8-1963

Fotos de Xosé Iglesias sacadas no ano 2014

 

Advertisements

5 thoughts on “O BALNEARIO DA PONTE VILARIÑO

  1. Noraboa por este blog no que podemos disfrutar de tantas “cousas” tan bonitas e interesantes. Acabo de ler todo o que pos do Balneario da Ponte Vilaríño e tiven a impresión de que estaba escoitando o que falaban Arturo e Manolo Santalla, este último veciño de Artoño (A Golada) sobre o balneario, a ponte e as troitas que pescaban no río Arnego.

  2. Buenas tardes, estoy tratando de ubicar a familiares de Manuela Vilariño Vazquez, mi abuela Carmen Vilariño era tìa de ella, vivìa de joven en Muimenta hasta que vino a vivir a Argentina, estoy programando viajar en octubre y me gustarìa conocer el pueblo de mi abuela, muchas gracias!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s