A MIÑA COLECCIÓN FILATÉLICA


A MIÑA COLECCIÓN FILATÉLICA.

        Teño unha colección de selos de Correos, que entre novos e usados pode ter arredor dunhas 25.000 pezas.

        A colección, empezouna o meu pai alá polos comenzos dos anos cincoenta, e a partires do ano 1974, seguina eu.

        Dende o ano 1952, ata o ano 2005, están todos os selos emitidos por correos, tanto mataselados coma novos. Amais ten moitas series soltas emitidas entre os anos 1850 (ano do primeiro sello en España) e o 1952.

        Meu pai, iba recortando das cartas todos os sellos que xuntaba el mesmo, e pedíndollos ós amigos e compañeiros, e pasaba todos os meses por un estanco, onde lle gardaban todos os que saían novos.

        Os usados, tiñaos en caixas dos puros, e os novos, pegabaos en libretas, con un anaquiño de cinta adhesiva de doble cara que se mercaba para ese fin.

        A partires do ano 74, e aconsellado por Paco Martinez, filatelista da librería Luís Martinez en Pontevedra, dediqueime a clasificalos en albumes axeitados, e suscribinme a Correos, de onde me mandaban cada tres meses, todos os sellos que se iban emitindo.

        No ano 2005, abandonei a colección, porque Correos, convertíu a Filatelia nun negocio.

        Os selos, xa non cumplian co seu cometido que era timbrar cartas, xa que estas, estaban desaparecendo ante novos medios de conversa como o Email e outras novas tecnoloxías. Amais, empezáronse a emitir rollos de ATMs (estampillas) ás que unha máquina lles imprimia o valor postal.

        O selo, convertíuse nun negocio, xa que daquelas, eramos moitos os filatelistas no país, e emitían selos co único obxetivo de encher as súas arcas, e saían sellos e series, con un valor desmesurado que nalgún caso chegaba a seis euros a peza, e que ó cabo do ano, todolos emitidos, podían chegar a costar entre 70 e 100 Euros.

        Así que decicín abandonala, e visitar mercadillos de selos para ir conseguindo dos emitidos antes do ano 1952,

        A colección é unha gozada mirala de vez en cando, xa que amais do colorido que teñen os sellos, marcan a historia do país. E anque os selos atópanse ben conservados en filostuches, convén airealos cada certo tempo. Amais téñolle un especial cariño, porque aparte do valor que ten, garda moitas horas de traballlo, e moitas noites de enredos para ordenar e clasificar todo.

        A cantiguiña fíxena, pensando nos intres que pasaba asubiando mentras ordenaba todo. Anos atrás, gustábame moito facelo cando estaba entretido, anque a miña nai decíame que  un melro afónico asubiaba mellor ca min.

        Os selos que aparecen no video, son algúns que  poño para amosar algo da colección, escollín algúns dos emitidos con temática galega.

        Hoxe penso, que ó matasellarse as cartas mecánicamente e as postais vir valor postal serigrafiado, xa non aparecen novos filatélicos, e os que quedamos, somos os que tiñamos a afición tempos atrás. Nos tempos da escola e instituto, casi todos os rapaces coleccionabamos dos usados, e cambiabamos os repetidos coma se de cromos se tratase.

3 thoughts on “A MIÑA COLECCIÓN FILATÉLICA

Deixar un comentario