GRAZAS!!! GRAZAS!!! GRAZAS!!!

GRAZAS!!! GRAZAS!!! GRAZAS!!!

..      O meu blogue, acaba de alcanzar o medio millón de visitas.
..      Quen mo iba dicir a min, sete anos despois de abrilo.
..      E todo, pola terquedade da miña filla Aldara, que insistiu e insistiu pra que o fixera, xa que eu non estaba moito pola labor, pois a nugalla é un dos hábitos cos que intento ser monxe, pra levar a vida tranquiliña.
..      Amais, xa me chegaba ben coa música e os poemas para facer as miñas cantigas, que me tiñan enredado moitas horas ó longo do día.
..      E así, grauciño a grauciño como di o refrán, e despois de mais de 400 artigos, chego hoxe, a onde nunca pensei chegar, porque se vos digo a verdade, pensei en deixalo mais dunha vez, e anque o tiña abandoado uns días, logo botaba de menos escribir nél.
..      E o que me fai sentir mais ledicia é, que o apartado con mais visitas, é o dos meus poemas, cantares e romances, que xunto con eses poemiñas á maneira de odas, que tanto me gusta facer, teñen eles solos, oitenta mil.
Pois nada. Que levaba uns días pendente a que chegara a esa cifra, para agradecérvolo, que din que é de ben nacidos facelo. E hoxe ó erguerme e mirar a cifra de 500.076, cumplo coa miña obriga de facelo.
..      Moitas grazas a todos de novo. Espero e desexo non defraudarvos, xa que seguirei escribindo nél, á espera de chegar ó millón para poder agradecervolo de novo.
..      Unha aperta para todos.