O PEREGRINO E A CUNCA DE VIÑO

O PEREGRINO E A CUNCA DE VIÑO
Estou na de Pepe do Marco,
tomando unha cunca de viño.
Mesmo por diante da tasca,
vai pra Santiago, o camiño.

Algún que outro peregrino,
achégase a fotografiar,
a cunca co seu contido,
e de paso preguntar.

– Que clase de vino es ese?
Preguntoume un alemán,
– Viño branco, contesteille,
viño branco catalán.

– Me voy sentar a su lado,
si a usted le parece bien.
E sentouse o tipo ó meu lado,
e pediu unha cunca tamén.

Colleuna coas duas maus,
e case a valeira dun trago.
– Pidale a la camarera
otra taza que yo pago.

E alá pedin outra cunca
pra beber co peregrino.
– Hai que ver que buen color,
y que bien sabe este vino.

Todo cheo de emoción,
volveu pedir outra cunca.
– Este vino es el mejor,
que yo he bebido nunca.

Gustoulle tanto aquel viño,
que rascando nunha orella,
pregúntalle á camareira,
de lle vende unha botella.

– Si señor, las que quiera!
Ahora mismo se la traigo.
E berrou todo contento…
– Esta tierra tiene arraigo!

E alá marchou o bo home,
proseguindo o seu camiño,
mais contento cunhas pascuas,
e coa botella de viño.

Bo camiño ata Santiago,
e ata sempre, señor Garín!
Que sepa que aquí deixa,
un bo amigo de Lalín.

……………………..

Fai uns días, tiven a ledicia de coñecer a un peregrino alemán chamado Garín.

Un señor moi afable, que quixo tomar un viño conmigo. Parouse para preguntarme polo viño que estaba bebendo xa que solo coñecía o Ribeiro. Encantoulle o catalán branco. Tanto foi así, que bebeu tres cuncas e levouse unha botella. A verdade é que facía calor. Cando quixen facer un Selfie, pedíume que nono fixera e respetei a súa decisión. 

Un gran tipo que se merece un poemiña.