Á SEÑORA MARÍA… 

Á SEÑORA MARÍA… 

   Dician que era a tola da aldea… os seus veciños eran quen o dician!!

   O mal de moitos é non mirarse no espello, e pensar que os cuerdos son eles, cando ó mellor son como as malas herbas dos prados.

   Vivia sola, con dúas vacas e catro ou cinco ovelliñas.

   Me parece que nunca a mirei comer outra cousa que non fora pan.

.     Erguíase cedo, e en canto facía as súas cousas, levaba o seu gando pro mesmo prado de sempre.

   Sentábase a carón do valado, e alí botaba o día xunto cos seus dous cans, o seu gando, e unha vara que semellaba ser a súa prolongación do brazo, xa que nona soltaba nunca.

   Falaba seguido… moi baixiño. De vez en cando tatareaba algo que nunca entendín. Non falaba con ninguén, pero para o taberneiro e pra min, sempre tiña un sorriso. Sempre lle levabamos algo conque mover a boca, e sabía agradecelo.

.     Fai uns días, sentada ó pe do valado, foise.

   Atopouna un veciño, sentada no recuncho onde sempre se sentaba. Coa cabeza ladeada e a vara na súa mau, cos dous fieles cans ó seu lado.

.     Foise en silencio, e sola… igual que vivíu.

   Pero seguro que foi feliz á súa maneira, e mereceu ese final tranquilo e sereo.

.     Adeus Señora María. Lembrareime de vostede sempre. E a miña vindeira cantiga, vai ser para vostede. .     Prométolle que vai ser así.

   E titulareina, por que non… “Ao pé do valado”

.     Ese valado que foi a súa segunda casa, e dende o que lle dixo ós seus veciños, eses que dician que vostede estaba tola… ADEUS!!

   Que a terra lle sexa leve.